Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Luns, 20 de abril de 1998 Páx. 4.058

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de declaración de urxente ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 150/1996).

De conformidade co disposto no artigo 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas aprobado por Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na r/ Avda. de Arteixo, 171, 15009 da Coruña, como entidade beneficiaria, para a declaración de urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctria a 20 kV con orixe na liña que alimenta o centro de transformación de Canela (Expte. 50963) e final no centro de transformación a instalar no lugar de Casaliño, Concello de Ames (Expte. nº 150/1996), da que con data do 18 de febreiro de 1997 se otorgou a declaración de utilidade pública.

En consecuencia, calquera persoa dentro do prazo de quince días seguintes á presente publicación, e os interesados que figuran na relación anexa ós que se lles practicará notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán rectifica-la titularidade dos predios, se é o caso, e solicitar datos para a identificación dos bens que se afectan; e formular mediante escrito ante esta delegación alegacións en razón do disposto nos artigos 25 e 26 do citado decreto.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5º da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 17 de marzo de 1998.

Jesús Espada Martín

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 150/1996.Provincia: A Coruña.

L.M.T., C.T., R.B.T. Casaliño.Termo municipal: Ames.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1AprocheiroPradoJosefa Martínez Abelleira e irmáRueiro-Bertamiráns, 15864-Amesœ 1177770

2AprocheiroPradoCarmen Abelleira Patrón e fillosR/ da Peregrina-Bertamiráns, 15864-Amesœ 1198980

3AprocheiroPradoJosefa Martínez Abelleira e irmáRueiro-Bertamiráns, 15864-Amesœ 2127270

4AprocheiroPradoManuel Abelleira FalcónPedregal-Bertamiráns, 15864-Amesœ 2150500

5AprocheiroPradoManuel Fernández PatrónPedregal-Bertamiráns, 15864-AmesLAT10

6PiñónPradoAmelia Pombo Pena e fillosPedregal-Bertamiráns, 15864-Ames37370

7PiñónPradoCarmen Fernández PatrónPiñón-Bertamiráns,

15864-Ames

œ 3128280

8PiñónPradoMaría Calvo Otero e fillosR/ da Peregrina-Bertamiráns, 15864-Amesœ 3114140

9SoutiñoPradoEsther Pena FreirePedregal-Bertamiráns, 15864-Ames28280

3421