Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Luns, 20 de abril de 1998 Páx. 4.059

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 1998, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se anuncia concurso aberto con tramitación urxente, para a contratación do servicio de seguridade no Centro Galego de Arte Contemporánea.

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

a) Organismo: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia do Centro Galego de Arte Contemporánea.

Enderezo: rúa Valle Inclán s/n, 15704 Santiago de Compostela.

Teléfono: (981) 54 66 17. Fax: (981) 54 66 25.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto: servicio de seguridade para o CGAC.

3. Orzamento base de licitación:

a) Orzamento: total: dezasete millóns setecentas sesenta mil pesetas (17.760.000 ptas.).

Anualidade 1998: trece millóns trescentas vinte mil pesetas (13.320.000 ptas.).

Anualidade 1999: catro millóns catrocentas corenta mil pesetas (4.440.000 ptas.).

b) Aplicación orzamentaria: 10.03.357A.227.01.

4. Prazo de execución:

Doce meses.

5. Fianzas:

Provisional: trescentas cincuenta e cinco mil duascentas pesetas (355.200 ptas.).

Definitiva: setecentas dez mil catrocentas pesetas (710.400 ptas.).

6. Clasificación do contratista: non se esixe.

7. Presentación de propostas:

a) Lugar: rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, edificio San Caetano, bloque 3, 2º piso 15711 Santiago de Compostela, das 9 ás 14 horas, de luns a venres.

b) Prazo: comezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e terminará o décimo terceiro día natural, ás catorce horas; se o último día fose inhábil prolongarase no prazo ata o día hábil seguinte.

c) Forma: os licitadores presentarán as súas propostas en tres sobres pechados e en cada un figurará o nome do licitador e o obxecto do contrato.

8. Documentación que presentarán os licitadores:

Os licitadores presentarán a documentación especificada no prego de cláusulas particulares e prescricións técnicas.

9. Modelo de proposición:

O que figura como anexo no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Tódolos interesados poderán consultalos na Xerencia do Centro Galego de Arte Contemporánea e nas delegacións da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

11. Apertura de proposicións:

Terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo ás 12 horas do quinto día seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas polos interesados; se o último día fose inhábil prolongarase o prazo ata o día hábil seguinte.

12. Anuncios:

Os gastos orixinados pola publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 1998.

Ángel Sicart Giménez

Director xeral de Patrimonio Cultural

3042