Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Luns, 20 de abril de 1998 Páx. 4.060

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 1998, da Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados, pola que se anuncia a contratación de servicios de consultoría e asistencia como expediente anticipado de gasto para a realización dunha campaña publicitaria de mentalización sobre a necesidade de protección dos recursos mariños de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: servicios de consultoría e asistencia.

Descrición do obxecto: realización dunha campaña publicitaria de mentalización sobre a necesidade de protección dos recursos mariños de Galicia.

División por lotes e número: non existen lotes.

Lugar de execución: Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de execución: desde o día seguinte ó da sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: cento vinte millóns de pesetas (120.000.000 de ptas.), de acordo coa seguinte distribución por anualidades:

Exercicio corrente (1998): 60.000.000 de ptas.

Exercicio futuro (ano de imputación: 1999): 60.000.000 de ptas.

5. Garantías.

Provisional: 2.400.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

Na Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados (Rúa do Sar, 75, 15702, Santiago de Compostela. Teléfono: (981) 54 63 04. Fax: (981) 54 62 90, ou nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: grupo III, subgrupo 3, categoría C.

8. Presentación das ofertas:

Data límite de presentación: ás catorce horas (14) horas do día 21 de maio de 1998.

Documentación que hai que presentar: a establecida no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15704, Santiago de Compostela), ou por correos nas formas previstas no artigo 100 do RXCE.

Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas e exposición de proposicións.

Na sede da Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ás 10 horas do día 2 de xuño de 1998.

10. Gastos do anuncio.

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 1998.

Andrés Hermida Trastoy

Director xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados

3105