Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Luns, 20 de abril de 1998 Páx. 4.056

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/116-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T. e R.B.T. Amoeiro, Taborelas e Souto.

Situación: Amoeiro.

Descricións técnicas: dúas liñas aéreas a 20 kV en conductor LA-56 derivadas desde os apoios números 42 e 26, repectivamente, da L.M.T. a Tamallancos; de 96 m de lonxiutde ata o C.T. de torre, e de 70 m ata o C.T. grupo escolar. Substitución do C.T. grupo escolar. Redes de B.T. en conductor R.Z. da Igrexa e Codeseda 1, do C.T. Souto, Taborelas e Codeseda 2.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 5 de febreiro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

2874