Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Luns, 20 de abril de 1998 Páx. 4.050

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDITO de poxa (129/1997-02)

José Espinosa Lozano, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber:

Que nos autos do procedemento xudicial sumario do Art. 131 da L.H., seguidos neste xulgado co número 129/1997, promovidos polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, en nome e representación do Banco Pastor, S.A., contra Boiromar, S.A., María Josefa Hermo Ríos, Ramón Manuel Piñeiro Hermo, Carlos Piñeiro Hermo e Miguel Piñeiro Hermo, acordouse sacar a pública poxa por tres veces e por termo de vinte días cada unha delas o seguinte predio propiedade dos demandados:

Taller dedicado á reparación de vehículos-camións nas especialidades de mecánica, lavado e engraxe, grupo III, situado na parcela número 50 do polígono do Tambre, promocionado polo Ministerio da Vivenda, integrado polo seu edificio representativo de dezanove por cinco coma tres metros igual a cen coma sete metros cadrados; e unha nave a dúas augas de dezanove metros de luz e setecentos corente e sete como setenta e cinco metros cadrados; así pois, a superficie en plantas será de oitocentos corenta e oito metros con trinta e cinco decímetros cadrados. O edificio representativo é de formigón armado e os seus cerramentos de carpintería de aluminio e cristal; dedicarase a xerencia e oficinas. O taller en planta terá dezanove metros de luz por corenta e seis por trinta metros de fondo máximo, e a súa estructura está a base de semipórticos prefabricados ha. A cuberta será de placas de fibrocemento nervadas en toda a edificación, os cerramentos nas naves son de bloque de formigón de quince

centímetros de espesor. A fontanería realízase en aceiro galvanizado e o billame en aceiro cromado. A instalación eléctrica está empotrada baixo tubo flexible no edificio representativo, e na nave os conductores lévanse baixo tubos de plástico ríxido grampados ó aire visto.

Existe unha vivenda para garda, no andar primeiro, sobre o taller con acceso independente, enteiramente

exterior cunha superficie total de noventa e oito con corenta e sete decímetros e setenta e cinco centímetros cadrados e unha superficie útil de oitenta e nove con doce e medio decímetros cadrados e tal vivenda consta das seguintes dependencias: entrada, cociña, salón-comedor, dous dormitorios dobres, un dormitorio principal, baño, aseo e corredor.

As ditas edificacións foron construidas sobre o seguinte predio:

Parcela de terreno, parte do polígono industrial denominado do Tambre, sinalada co número 50 no plano parcelario do plan parcial do dito polígono do termio municipal de Santiago de Compostela. Ten unha extensión superficial aproximada de mil metros e trinta e cinco decímetros cadrados. Linda: norte, parcela 51; sur, parcela número 49; leste, límite do polígono; e oeste, con rúa que as separa das parcelas 46 e 47.

Inscrición. No Rexistro da Propiedade número dous de Santiago de Compostela, no tomo 979, libro 21, folio 152, predio número 1673.

A poxa terá lugar o día 22 de maio de 1998 ás 12.30 horas, na sala da audiencia deste xulgado, sen suxeción a tipo ó tratarse da terceira poxa.

Fáiselles saber ós posibles licitadores que as condicións da poxa son as que a continuación se expresan:

1. Non se admitirá oferta inferior á cantidade de que é o tipo pactado na mencionada escritura; en canto a segunda poxa, o setenta e cinco por cento desta suma, de se-lo caso, en canto a terceira poxa, admitiranse sen suxeición a tipo.

2. Que tódolos ofertantes, coa excepción do acredor ou demandante, deberán consignar no establecemento destinado para tal efecto unha cantidade igual, polo menos, ó 20% do tipo fixado para a segunda poxa, tendo en conta que o precio taxado na escritura de hipoteca do ben que se poxa o foi en 42.840.000 pesetas.

3. Tódalas ofertas poderán facerse en calidade de cederlle o remate a un terceiro e realizarse por escrito en prego pechado, desde a publicación do presente edicto ata a celebración da poxa de que se trate, depositando xunto a aquel o resgardo acreditativo de haberes executada a consignación a que se refire a anterior condición.

4. Que os autos e certificación do rexistro a que se refire a regra cuarta do Art. 131 da L.H., están de manifesto en secretaría e que se entenderá que todo licitador acepta como bastante a titulación e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houbese, ó crédito do actor, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse a súa extinción o prezo do remate.

5. Prevense que na acta da poxa se fará constar que o rematante acepta as obrigas antes expresadas e se non as acepta, non lle será admitida a pro

posición; tampouco se admitirá oferta por escrito que non conteña a aceptación expresa desas obrigas.

6. Sen prexuízo de que se leve a cabo no predio hipotecado conforme os artigos 262 o 279 da LAC, de non ser encontrado nela, este edicto servirá igualmente para notificación ó debedor do triple sinalamento do lugar, día e hora para o remate.

Santiago de Compostela, vinteseis de marzo de mil novecentos noventa e oito.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

2825