Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Luns, 20 de abril de 1998 Páx. 4.051

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de notificación (414/1979-04).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Intrucción número dous de Santiago de Compostela.

Fago saber: que neste xulgado se segue o xuízo executivo co número 414/1979, promovido polo Banco Gallego, S.A., representado pola procuradora Sánchez Silva contra Ubaldo Somoza Quiroga, José Gómez Gómez e Manuel Iglesias Bar, sobre reclamación de cantidade; e dato que os demandados se encontran en ignorado paradoiro, por medio do presente edicto notifícase o contido da poxa celebrada o día 18 de marzo de 1998.

Visto o contido da anterior acta de poxa e tendo ofrecido nela Gómez Fernández a cantidade de 3.001.000 pesetas e non superando as dúas terceiras partes con suspensión da aprobación do remate, fágaselle sabe-lo prezo ofrecido ó debedor, o cal, dentro dos nove días seguintes poderá pagarlle o acredor liberando os bens ou presentar persoa que mellore a oferta, facendo o depósito prevido no artigo 1500 da Lei de axuizamento civil ou paga-la cantidade ofrecida polo licitador para que se deixe sen efecto a aprobación do remate, obrigánose ó propio tempo a paga-lo resto do principal e as custas nos prazos e condicións que ofreza e que, oído o executante, poderá aprobalo xuíz.

E para que conste e sirva de notificación ós demandados, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o vintesete de marzo de mil novecentos noventa e oito.

Rubricado

2641