Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Luns, 20 de abril de 1998 Páx. 4.052

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (347/1996).

Eu, José Gómez Rey maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela,

Fago sabaer: que no dito xulgado e co nº 347/1996 se tramita procedemento de menor contía por instancia de Amador Silva Costoya contra Rosa Pilar Bermejo Otero, no que, por resolución desta data, se acordou sacar a pública poxa por vez primeira e en termo de 20 días, os bens que se citarán, sinalándose para que o acto do fin teña lugar na sala de audiencia deste xulgado, o día 15 de xuño de 1998, ás 10 horas, coas prevencións seguintes:

Primeiro.-Que non se admitirán ofertas que non cubran as dúas teceiras partes da valoración.

Segundo.-Que os licitadores, para tomaren parte na poxa, deberán consignar de ante man, na conta deste xulgado, do Banco Bilbao Vizcaya, S.A. nº 1500-15-034796, unha cantidade igual, polo menos, ó vinte por cento do valor dos bens que sirva de tipo, facendo consta-lo número e ano do procedemento, requisito sen o cal non serán admitidos, non aceptándose entrega de diñeiro en metálico ou cheques.

Terceiro.-Unicamente o executante poderá concorrer coa calidade de cedérlle-lo remate a terceiros.

Cuarto.-En tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa celebración, poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, facendo o depósito a que se fixo referencia anteriormente

Para o suposto de que non houbese ofertantes na primeira poxa, sinálase para a celebración dunha segunda ó día 8 de xullo de 1998, ás 10 horas, servindo de tipo o 75% do sinalado para a primeira poxa, sendo de aplicación as demais prevencións da primeira.

Así mesmo e para o caso de que tampouco houbese licitadores na segunda poxa sinálase para a celebración dunha terceira, o día 14 de setembro de 1998, ás 10 hotas, poxa que se celebrará sen suxeición a tipo, debendo consignar que desexe tomar parte nela, o 20% do tipo que serviu de base para a segunda.

Se por forza maior ou causas alleas ó xulgado non puidese celebrarse a poxa no día e hora sinalados, entenderase que se celebrará o seguinte día hábil, á mesma hora, a excepción dos sábados.

Bens que se sacan a poxa e o seu valor:

-Urbano, casa sen número, sita no lugar de Casalonga, parroquia de Calo, municipio de Teo, composta de planta baixa e piso alto, cunha superficie construída de cento dezaseis metros cadrados, que ocupa un fondo de catro áreas e vinte centiáreas, con terreo e horta anexo, formando un só predio

inscrito no tomo 220, libro 56 de Teo, folio 198, predio número 3.707. Valorado en 17.950.000 ptas.

-Rústico, toxeira Agro do Monte ou Agro do Carballo sito no lugar de Casalonga, parroquia de San Xoán de Calo, municipio de Teo, que mide dez áreas e sesenta centiáreas. Linda: norte, herdeiros de José Otero; sur, estrada de Casalonga á Ramallosa; leste, monte común e oeste, camiño de carro. Inscrito no tomo 534, libro 173 de Teo, folio 2, predio número 18.0603. Valorado en 2.756.000 ptas.

O presente edicto sérvelle de notificación en forma á demandada Rosa Pilar Bermejo Otero, en paradoiro descoñecido.

Dado en Santiago de Compostela, doce de marzo de mil novecentos noventa e oito.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

2986