Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Luns, 20 de abril de 1998 Páx. 4.052

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE VIVEIRO

EDICTO (166/1997).

En virtude do presente edicto, faise saber que Jesús Carlos Galán Parada, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dos de Viveiro (Lugo), no expediente de suspensión de pagamentos, seguidos neste xulgado baixo o número 00166/1997, por auto de data 5 de marzo de 1998, declarouse en suspensión de pagamentos e insolvencia provisional a sociedade Celpi, S.L., dedicada á carpintería de aluminio en xeral e fabricación de construccións métálicas, caldeirería e carpintería metálica de ferro e as súas aleacións e preparación e montaxe en obra de todo tipo de construccións metálicas, e ó mesmo tempo convocouse ós acredores á xunta xeral que se celebrará na sala da audiencia deste xulgado, sito na rúa Alonso Pérez, s/n edificio xulgados (VIveiro), o día vinteseis de maio ás 10 horas, facéndolles saber que poderen concorrer persoalmente ou por medio de representante con poder suficiente e debendo presenta-lo título xustificativo do seu crédito; sen este requisito non serán

admitidos na xunta comunícaselles así mesmo que tanto o dictame como os demais documentos presentados polos interventores estarán de manifiesto na secretaría deste xulgado, co fin de que poidan obte-las copias ou notas que estimen oportunas.

E para a súa publicación no DOG, no xornal La Voz de Galicia e a súa colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido e asino o presente edicto en Viveiro, vintecinco de marzo de mil novecentos noventa e oito.

Rubricado

3426