Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Luns, 20 de abril de 1998 Páx. 4.053

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se aproba definitivamente o proxecto de expropiación forzosa para a execución da obra do paseo marítimo de Bastiagueiro en Oleiros (A Coruña).

Examinado o expediente 115A- 98/1 relativo ó proxecto de expropiación forzosa da obra do paseo marítimo de Bastiagueiro, promovido polo Concello de Oleiros para os efectos que determina o artigo 145.6º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 59, do 26 de marzo de 1997) e visto o informe proposta da Subdirección Xeral de Urbanismo e Arquitectura, con data do 23 de marzo de 1998 e a Orde do 19 de agosto de 1997, pola que se delegan atribucións en materia de urbanismo nos delegados provinciais (Diario Oficial de Galicia nº 166, do 29 de agosto de 1997),

RESOLVO:

Primeiro.- Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa para a execución da obra do paseo marítimo de Bastiagueiro, promovido polo Concello de Oleiros, polo procedemento de taxación conxunta previsto nos artigos 145 e seguintes da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 59, do 26 de marzo de 1997), facendo constar que a presente resolución implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación de conformidade co establecido no artigo 146 punto 1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo.

En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos nºs 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto (artigo 146 punto 2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo).

Segundo.- Notificárlle-la resolución aprobatoria do expediente a tódolos interesados titulares dos bens e dereitos que figuran nel, conferíndolles un termo de vinte días durante o cal poderán manifestar por escrito ante esta delegación provincial a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, conforme dispón o artigo 145 punto 7 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, advertíndolles que, transcorrido o citado prazo de vinte días sen que se formule oposición á valoración, se entenderá aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente, entendéndose determinado o prezo

xusto definitivamente e de conformidade (artigo 145 punto 8 da Lei 1/1997, do 24 de marzo).

Terceiro.- Publica- lo presente acordo no Diario Oficial de Galicia así como o seguinte ben e dereito afectado polo proxecto de expropiación:

Parcela nº: 1.

Propietarios Manuel Vázquez Bergueiro, José Alfonso Vázquez Fraga y Mª Luz Fraga López.

Superficie: 726 m

Valoración: 13.964.625 ptas.

Así mesmo, a publicación desta resolución serviralles de notificación ós propietarios descoñecidos, a aqueles dos que se ignore o lugar de notificación, ou ben cando, tramitada a notificación, non se puidese realizar. Todo isto de acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27-11-1992).

Contra a citada resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da data de notificación desta resolución e deberáselle comunicar previamente a esta delegación provincial a devandita interposición conforme se dispón no artigo 110 punto 3 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 24 de marzo de 1998.

Jesús Almuiña Loeda

Delegado provincial da Coruña

3104