Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Luns, 20 de abril de 1998 Páx. 4.053

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 1998 pola que se anuncia a licitación de asistencia técnica para a redacción do traballo denominado mellora da rede ferroviaria de Galicia, segunda fase, polo procedemento aberto de concurso e tramitación anticipada.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Transportes.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: asistencia técnica para a redacción do traballo denominado mellora da rede ferroviaria de Galicia, segunda fase.

b) Prazo de execución: oito (8) meses.

3. Tramitación, procedemento, e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso. Tramitación anticipada.

4. Orzamento base de licitación.

Importe máximo autorizado: 11.595.360 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 231.907 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexen a contratación, e o prego de prescricións técnicas, poderán recollerse en:

a) Entidade: nas delegacións provinciais da CPTOPV.

Na Dirección Xeral de Transportes.

b) Enderezo: Praza de Europa 5-A (2º andar).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

d) Teléfono: (981) 54 45 94.

e) Telefax: (981) 54 43 51.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non é necesaria.

b) Outros requisitos: a solvencia económica e financeira e a técnica ou profesional acreditarase segundo o establecido no apartado 1.2.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo: o prazo de admisión das proposicións terminarase ás catorce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda ou enviarse polo correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Domicilio: r/ San Caetano s/n.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15071.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Dirección Xeral de Transportes.

b) Domicilio: c/ Praza de Europa 5-A (2º andar).

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte á data de terminación do prazo de presentación das proposicións.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que se adxunta no anexo do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 1998.

P.D. (Orde 25-10-1983, DOG 14/12)

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

2954