Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Luns, 20 de abril de 1998 Páx. 4.050

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE RIBEIRA

EDICTO (148/1997).

Eu, Marina Pilar García de Evan, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Ribeira, certifico que nos autos que logo se dirá recaeu sentencia co encabezamento e parte dispositiva que din:

Sentencia.- En Ribeira o cinco de febreiro de mil novecentos noventa e oito. Celia Carmen Rodríguez Arias, xuíza de Provisión Temporal do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres dos desta localidade, dictou a presente resolución no xuízo de faltas seguido neste xulgado co nº 148/1997. Foi citado o Ministerio Fiscal, que estivo representado polo fiscal da Audiencia Provincial da Coruña. Foron igualmente citados en legal forma os denunciantes-denunciados María del Carmen Rey Cotelo, María del Carmen Tizón Rey e Andrés Alfredo Cavallaro Moraña. Parte dispositiva.

Que debo absolver e absolvo a María del Carmen Rey Cotelo, María del Carmen Tizón Rey e Andrés Alfredo Cavallaro Moraña como autores cada un deles dunha falta de lesións en agresión tipificada no artigo 617.1º do Código penal. As custas decláranse de oficio. Así, por esta miña sentencia, que se notificará coas prevencións contidas no artigo

248.4º da Lei orgánica do poder xudicial, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Andrés Alfredo Cavallaro Moraña, expido e asino o presente edicto.

Ribeira, vintesete de marzo de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

3011