Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Mércores, 15 de abril de 1998 Páx. 3.882

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FENE

EDICTO.

A Corporación Municipal en sesións con data do 30-12-1997 e 5-3-1998, prestou aprobación ás bases e modificacións das seguintes prazas incluídas na oferta pública de emprego para 1997:

Bases para a provisión en propiedade, polo procedemento de oposición libre, dunha praza de policía local, incluída na oferta de emprego público para 1997.

1ª.-Obxecto da convocatoria.

A provisión, polo procedemento de oposición libre, dunha praza de policía local, incluída na oferta de emprego público para 1997, e encadrada na escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase policía local e categoría policía local, dotada coas retribucións correspondentes ó grupo D, do artigo 25 da Lei 30/1984, e demais emolumentos acordados por esta corporación e concretados na correspondente relación orzamentaria.

A idade de xubilación será ós 65 anos.

Esta convocatoria adáptase á normativa da Lei 30/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais, e da Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, e ó Decreto 121/1995, do 20 de abril, da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Os aspirantes propostos por supera-las probas selectivas e despois de cumpri-los requisitos formais establecidos nesta convocatoria serán nomeados funcionarios en prácticas, e para efectua-lo seu nomeamento como policía local en propiedade será requisito indispensable a superación dun curso selectivo de formación teórico-práctica na Academia Galega de Seguridade.

2ª.-Condicións dos aspirantes.

Para participar nas probas selectivas, os aspirantes terán que reuni-las seguintes condicións:

a) Ser español.

b) Ter cumpridos 18 anos de idade e non supera-la idade de 30 anos o día que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

c) Estar en posesión do título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente, ou estar en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.

d) Ter unha estatura mínima de 1,70 metros os homes, e de 1,65 metros as mulleres.

e) Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o exercicio das funcións da policía local.

f) Non ter sido arredado, mediante expediente disciplinario, do servicio do Estado, comunidades autó-

nomas ou Administración local, nin estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

g) Estar en posesión dos permisos de conducir clase A e B (Bh. de SP.PM 3.500 kg).

h) Acredita-la aptitude física mediante a presentación dun certificado médico, no que se faga constar que o aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias necesarias e suficientes para a realización das probas físicas que figuran especificadas nesta convocatoria.

i) Compromiso de portar armas e, se fose o caso, de chegar a utilizalas, que se prestará mediante declaración xurada e por escrito.

Tódolos requisitos deberán ser referidos á data na que expire o prazo de presentación de solicitudes.

3ª.-Presentación de instancias.

As instancias para tomar parte na oposición serán dirixidas ó señor alcalde-presidente da corporación, facendo constar que se reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos na base anterior, e presentaranse no prazo dos vinte días naturais a partir do seguinte ó da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado, sendo admitidas igualmente as presentadas con anterioridade ó prazo antes indicado, unha vez publicada a convocatoria no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

As instancias presentaranse directamente no rexistro xeral da corporación ou a través do procedemento establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ás instancias polas que se solicita tomar parte na oposición unirase a seguinte documentación, de conformidade co Art. 24 da Lei 30/1992, do 23 de marzo:

a) Fotocopia do DNI.

b) Fotocopia dos permisos de conducir.

c) Certificado médico de aptitude física, letra h) da base 2ª.

d) Xustificante de ter aboados os dereitos de exame, que se fixa en 2.500 pesetas, agás os solicitantes en paro que estarán exentos logo de xustificación mediante certificación expedida pola Oficina de Emprego.

4ª.-Admisión de aspirantes.

Expirado o prazo de presentación de instancias, o presidente da corporación dictará resolución pola que se aprobará a lista provisional de admitidos e excluídos, que será publicada no BOP e no taboleiro de edictos da casa do concello, concedéndose un prazo de dez días para reclamacións.

As ditas reclamacións, se as houber, serán resoltas polo órgano que aprobou a lista provisional, aprobándoas ou rexeitándoas e aprobando a lista definitiva, que será publicada na mesma forma que a

provisional. Nesta mesma resolución incluirase a composición do tribunal e a hora de comezo dos exercicios.

5ª.-Tribunal cualificador:

O tribunal que xulgará as probas de que consta a oposición estará constituído de acordo, fundamentalmente, co Decreto 121/1995, do 20 de abril, da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, sendo a súa composición a seguinte:

-Presidente: o da corporación ou membro dela en quen delegue.

-Secretario: o da corporación ou funcionario dela en quen delegue.

-Vocais:

Un representante da Xunta de Galicia, designado consonte ó Decreto 121/1995.

Un representante da Xefatura Provincial de Tráfico.

Un representante do profesorado oficial.

O secretario do concello ou funcionario en quen delegue.

Un representante dos traballadores.

Un representante de cada grupo político municipal.

A composición do tribunal farase pública no BOP, e contra os nomeados poderán os aspirantes facer uso do dereito de recusación cando concorran as circunstancias determinadas na lei.

O tribunal quedará integrado ademais polos respectivos suplentes. Tódolos membros do tribunal deberán contar con titulación igual ou superior á esixida para o acceso á praza, agás o presidente.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sin a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente. En todo caso requirirase a asistencia do presidente e o secretario, ou persoas nas que delegue.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo á autoridade convocante, cando concorran neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 e 29 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou cando realizaran tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación da correspondente convocatoria.

Tamen poderá disporse a incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes dos exercicios, que estimen pertinentes, limitándose os asesores a presta-la colaboración nas súas especialidades técnicas.

6ª.-Comezo e desenvolvemento dos exercicios.

Os exercicios da oposición non poderán comezar ata transcorridos dous meses desde a data na que

apareza publicada a presente convocatoria no BOP, anunciado quince días antes de comeza-lo primeiro exercicio, no mesmo medio, o día, hora e local no que terá lugar. Este anuncio poderá ser substituído por citación personal ós aspirantes, debendo constar no expediente a xustificación de terse recibida a notificación. A convocatoria para os seguintes exercicios será efectuada no taboleiro de edictos da casa do concello, e deberan transcorrer, como mínimo, corenta e oito horas entre a celebración dun exercicio e o comezo do seguinte. Os opositores serán convocados para cada exercicio en chamamento único, agás en casos de forza maior debidamente xustificados e apreciados libremente polo tribunal. Acreditarán a súa persoalidade coa exhibición do DNI.

7ª.-Exercicios da oposición.

A oposición comporase dos seguintes exercicios:

Primeiro exercicio:

Antes de iniciarse este, procederase á medición dos aspirantes para comprobar que teñen a estatura mínima esixida. Así mesmo, procederase a realiza-la proba psicolóxica, que estará dirixida a determina-la aptitude psicolóxica e adecuación á función policial a desempeñar. Esta proba cualificarase como «apto» ou «non apto». A declaración de «non apto» nesta proba suporá que o aspirante quedará eliminado, non podendo continuar coa práctica das restantes probas.

No suposto de que as probas do primeiro exercicio fosen sinaladas todas para a mesma data, a proba de aptitude psicolóxica será a primeira e tódalas restantes celebraranse condicionadas a superara-la proba psicolóxica, e no suposto de non ser declarado apto algún aspirante, considerarase que non foron realizadas as seguintes probas e será declarado «non apto» na cualificación do exercicio.

Este primeiro exercicio é de carácter obrigatorio e consistirá na realización das seguintes probas físicas:

a) Gabear por unha corda de 7 m estilo libre.

b) Carreira de 1.000 metros lisos nun tempo máximo de 3 minutos e 50 segundos para os aspirantes masculinos e de 4 minutos para os aspirantes femininos.

c) Proba de natación de 50 metros estilo libre nun tempo máximo de 55 segundos para os aspirantes masculinos e de 1 minuto para os aspirantes femininos.

Para seren admitidos á realización deste exercicio, os aspirantes terán que achegar coa solicitude para tomar parte na oposición, un certificado médico acreditativo de que reúnen as condicións físicas necesarias. Así mesmo, terán que ser declarados aptos na proba psicotécnica que se realizará antes do comezo do exercicio.

Segundo exercicio:

De carácter obrigatorio e escrito, estará dividido en tres partes, da forma seguinte:

1ª Consistirá en cubrir por escrito un cuestionario de 60 preguntas con respostas alternativas referentes ó contido do programa que figura como anexo desta convocatoria. Esta proba puntuará cun máximo de 7 puntos.

2ª Consistirá en cubrir un cuestionario de 40 preguntas con respostas alternativas sobre coñecementos xerais do termo municipal de Fene e en especial de xeografía, demografía, entidades, división eclesiástica, electoral, administrativa, urbanismo, ordenanzas, etc. Esta proba puntuará cun máximo de 2 puntos.

3ª Esta terceira parte consistirá en situar sobre un mapa do termo municipal, sen indicativos, as entidades de poboación, rúas, edificios públicos, etc., que fixe o tribunal. Esta proba puntuará cun máximo de 1 punto.

Para superar este exercicio será preciso ter un mínimo do 60% de respostas correctas en cada unha das tres partes, de modo que se nalgunha das tres partes algún aspirante non acade o 60% de respostas correctas, non poderá ser considerado aprobado o exercicio.

Terceiro exercicio:

De carácter obrigatorio e escrito, consistirá en desenvolver un parte por escrito, dun suposto práctico, relativo ás funcións da policía local, que determine o tribunal.

Cuarto exercicio:

De carácter obrigatorio, non eliminatorio e escrito sobre coñecemento do idioma galego, consistente en traducir para o galego un texto que facilitará o tribunal en castelán.

8ª.-Cualificación dos exercicios.

A cualificación do primeiro exercicio será a de «apto» ou «non apto», sendo preciso superar todas e cada unha das probas físicas. A cualificación de «non apto», en calquera das probas físicas, elimina ó opositor para continua-los exercicios sucesivos da oposición.

O segundo, terceiro e cuarto exercicios serán igualmente obrigatorios e serán cualificados ata un máximo de dez puntos, sendo eliminados os opositores que non acaden un mínimo de cinco puntos en cada un deles para superalos, sendo o cuarto exercicio obrigatorio e non eliminatorio, polo que a puntuación deste sumarase á obtida no resto das probas. Con respecto ó segundo exercicio, cada pregunta mal contestada será penalizada con cero coma dez (0,10) puntos e cada pregunta que se deixe sen contestar penalizarase con cero coma cero cinco (0,05) puntos.

Para a celebración do exercicio segundo fíxase como tempo máximo para a súa resolución o seguinte: para a primeira e segunda parte 60 minutos en total para a terceira parte 30 minutos e para a celebración

do terceiro e cuarto fíxase como tempo máximo 90 minutos en total para a súa resolución.

As cualificacións dos aspirantes aprobados en cada exercicio publicaranse no mesmo día en que se acorden, no taboleiro de edictos da corporación.

A cualificación final e a orde de cualificación dos aspirantes aprobados virá dado pola suma das puntuacións obtidas no conxunto das probas.

9ª.-Relación de aprobados, presentación de documentación e nomeamento.

Rematada a cualificación dos aspirantes, o tribunal publicará a relación de aprobados, por orde de puntuación, que de acordo co establecido na vixente lexislación, non poderá supera-lo número de prazas convocadas, que neste caso é dunha, e remitiralle a proposta de nomeamento xuntamente coa acta da última sesión ó presidente da corporación a quen compete face-lo nomeamento correspondente.

No prazo de 20 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación da lista de aprobados, estes deberán presentar no rexistro da corporación os seguintes documentos e que non achegasen coa solicitude.

a) Copia autenticada do DNI.

b) Copia autenticada do certificado de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

c) Declaración xurada de non ter sido arredado, mediante expediente disciplinario, do servicio de ningunha Administración pública nin estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

d) Declaración xurada de non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade.

e) Certificación acreditativa de non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal exercicio da función, expedido pola Xefatura Provincial de Sanidade.

f) Fotocopia debidamente autenticada do permiso de conducir, clases A e B.

Os que tivesen a condición de funcionarios públicos estarán exentos de xustifica-las condicións e requisitos xa acreditados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo presentar unicamente certificado da Administración pública da que dependa, que acredite a súa condición e os documentos non achegados para o seu anterior nomeamento.

Cumpridos os requisitos anteriores, o presidente da corporación fará o nomeamento do aspirante proposto como policía local en prácticas, debendo tomar posesión do cargo no prazo dun mes, contado desde o día seguinte a aquel en que lle sexa notificado o nomeamento, quedando, noutro caso, en situación de cesante e anuladas tódalas súas actuacións referentes ós aspirantes que se atopen nesta situación e debendo superar un curso teórico-práctico na Academia Galega de Seguridade antes do seu nomea

mento definitivo como funcionario de carreira. Os que non superen este curso en dúas convocatorias consecutivas como máximo perderán tódolos dereitos a esta praza.

10ª.-Incidencias.

O tribunal queda facultado para resolve-las dúbidas que se presenten e toma-los acordos necesarios para a boa orde da oposición en todo o non previsto nas bases.

11ª.-Base final.

A presente convocatoria e tódolos actos administrativos que dela se deriven poderán ser impugnados polos interesados na forma establecida na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Programa do segundo exercicio

Tema 1.-A Constitución de 1978. Liñas xerais.

Tema 2.-Dereitos e deberes fundamentais dos españois.

Tema 3.-Organización territorial do Estado. Estatuto de sutonomía de Galicia.

Tema 4.-O municipio, organización e competencias. Órganos de Goberno. Comisións informativas.

Tema 5.-O Concello Pleno. Integración e funcións. Comisións de goberno. Comisións informativas.

Tema 6.-A función pública local e a súa organización. Clases de funcionarios. Funcionarios de carreira. O persoal da policía local.

Tema 7.-Lei 3/1992, de 23 de marzo, de coordinación das policías locais, Decreto 83/1996, do 29 de febreiro.

Tema 8.-Lei orgánica 13/1986, de forzas e corpos de seguridade, con especial referencia á policía local e xuntas locais de seguridade.

Tema 9.-Lei 1/1992, de protección da seguridade cidadá, ideas xerais.

Tema 10.-A policía local como policía xudicial.

Tema 11.-Ordenanza de xestión de residuos sólidos do concello de Fene.

Tema 12.-Ordenanza de masas forestais e de protección dos animais do concello de Fene.

Tema 13.-Térmo municipal de Fene. Situación xeográfica, división administrativa, eclesiástica, electoral.

Tema 14.-Dereito penal. Delictos e faltas e persoas responsables deles.

Tema 15.-Circunstancias modificativas da responsabilidade criminal. Atenuantes, agravantes, eximentes e mixtas.

Tema 16.-Dos atentados contra a autoridade e os seus axentes, da resistencia e desobediencia, inxurias e ameazas.

Tema 17.-Delictos relacionados co uso de vehículos a motor.

Tema 18.-Delictos contra a propiedade. Estudio do roubo e do furto.

Tema 19.-Lei sobre tráfico. Circulación de vehículos a motor e seguridade vial. Obxecto da lei e ámbito de aplicación. Atribucións dos concellos. Órganos competentes.

Tema 20.-Lei sobre tráfico. Circulación de vehículos a motor e seguridade vial. Parada e estacionamento, infraccións e sancións.

Tema 21.-Elementos que interveñen na circulación. Ideas xerais.

Tema 22.-Accidentes de tráfico, concepto e clases. Investigación de accidentes. Confección de atestados.

Tema 23.-Sinais de circulación, preeminencia, clasificación.

Tema 24.-Regulamento e procedemento sancionador en materia de tráfico.

Tema 25.-Casos nos que os vehículos poderán ser retirados das vías públicas, inmobilizacións. Casos nos que os usuarios poderán ser sometidos ás probas de determinación alcohólica.

Bases que rexerán a provisión, polo sistema de promoción interna por concurso-oposicion, dunha praza de oficial de limpeza de escolas e edificios municipais, incluída na oferta publica de 1997

1ª.-Obxecto de convocatoria.

É obxecto da presente convocatoria a provisión polo sistema de promoción interna por concurso-oposición entre o persoal laboral, dunha praza de oficial de limpeza de escolas e edificios municipais con carácter de fixo descontinuo a tempo parcial, cunha xornada de traballo diario de 5 horas e cuarto prestadas de luns a venres.

As bases da convocatoria publicaranse integramente no BOP, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello, anunciándose un extracto dela no Boletín Oficial del Estado. Os anuncios sucesivos inseriranse soamente no primeiro dos boletíns citados e no taboleiro de edictos.

2ª.-Condicións dos aspirantes.

Os aspirantes deberán reuni-los requisitos seguintes referidos á data na que remate o prazo de presentación de instancias:

a) Pertenecer ó persoal laboral e te-la categoría de peón do servicio de limpeza de escolas e edificios municipais con carácter de fixo descontinuo a tempo parcial.

b) Ter unha antigüedade de, alomenos, dous anos na mencionada categoría.

c) Posuí-lo título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

d) Estar en posesión do permiso de conducir clase B.

3ª.-Presentación de instancias.

As instancias polas que solicita tomar parte no concurso-oposición polo sistema de promoción interna, nas que os aspirantes manifestarán expresamente que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na base segunda, dirixiranse ó alcalde presidente e presentaranse no rexistro xeral do concello, durante o prazo de vinte días naturais contados a partir da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

As instancias poderán presentarse tamén na forma que determina o artigo 38 da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

No rexistro xeral do concello facilitaranse modelos normalizados das devanditas instancias.

Á instancia xuntarase, inescusablemente, carta de pagamento acreditativa de ter aboado o importe dos dereitos de exame que se cifran en 2.500 pesetas, ou resgardo do xiro postal ou telegráfico do seu abamento e so serán devoltos a quen non fora admitido ás probas selectivas por non reuni-los requisitos esixidos. Xuntaranse xuntamente coa instancia relacións circunstanciadas dos méritos que se aleguen pola orde que se establece na convocatoria, unindo á devandita relación os documentos xustificativos deles (orixinais ou fotocopias compulsadas), pois non se tomarán en consideración nin serán avaliados aqueles que non queden debidamente acreditados, en tódolos seus extremos, no momento de presentación de instancias.

4º.-Admisión de aspirantes.

Rematado o prazo de presentación de instancias, a alcaldía dictará resolución no prazo máximo dun mes, aprobando a lista de aspirantes admitidos e excluídos cos motivos da exclusión, e a designación do tribunal cualificador que se publicará no BOP e no taboleiro de edictos da corporación, concedéndose un prazo de 10 días para emenda polos aspirantes excluídos, dos defectos a que alude o artigo 71 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e a abstención e recusación dos membros dos tribunais. A publicación da devandita resolución no BOP será determinante, así mesmo, para efectos de posible impugnación e recursos, de conformidade co previsto na invocada lei.

Poderá publicarse exclusivamente a lista de aspirantes excluídos, cos motivos da exclusión.

A mencionada lista elevarase a definitiva polo transcurso do prazo para reclamacións, se non as houbese; no caso contrario exporase de novo a lista definitiva, na mesma forma cá anterior.

5ª.-Tribunal cualificador.

O tribunal que xulgará as probas de que consta a oposición estará constituído do seguinte xeito:

Presidente: o alcalde presidente do concello, ou membro da corporación en quen delegue.

Secretario: o do concello ou funcionario en quen delegue.

Vocais: un representante da Xunta de Galicia.

O secretario do concello.

Un representante do comité de persoal.

Un representante de cada grupo político municipal.

A composición do tribunal farase pública no BOP, e contra os nomeados poderán os aspirantes facer uso do dereito de recusació cando concorran as circunstancias determinadas na lei.

O tribunal quedará integrado ademais polos respectivos suplentes. Tódolos membros do tribunal deberán contar con titulación igual ou superior á esixida para o acceso á praza, agás o presidente.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente. En todo caso requirirase a asistencia do presidente e o secretario, ou persoas nas que delegue.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo á autoridade convocante, cando concorran neles algunha das circunstancias previstas nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou cando realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación da correspondente convocatoria.

Tamén poderá disporse a incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes dos exercicios, que estimen pertinentes, limitándose os asesores a presta-la colaboración nas súas especialidades técnicas.

6ª.-Sistema de selección: promoción interna: concurso-oposición.

O procedemento de selección dos aspirantes consistirá nas seguintes fases:

A) Fase de concurso:

-Por servicios prestados ó Concello de Fene como persoal laboral na categoría de peón do servicio de limpeza de escolas e edificios municipais, 0,10 puntos por mes, ata un máximo de 4 puntos.

-Por servicios prestados noutras administracións públicas, nas mesmas condicións sinaladas no apartado anterior: 0,05 puntos por mes, ata un máximo de 2 puntos.

-Curso de iniciación á lingua galega: 1,00 punto.

-Curso de perfeccionamento da lingua galega: 2,00 puntos.

A acreditación dos servicios prestados efectuarase mediante certificación expedida polo ente público no que se teñan prestados os servicios.

A acreditación de realización dos cursos farase mediante certificado expedido ou homologado pola Dirección Xeral de Política Lingüística ou Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e puntuará o de maior grao no caso de posuí-los dous.

A valoración dos méritos, que se publicará dous días antes, como mínimo, do comenzo da fase de oposición, farase de conformidade coa documentación que acheguen os aspirantes ó presenta-la solicitude de admisión ás probas.

B) Fase da oposición:

Constará das seguintes probas, de carácter obrigatorio e eliminatorio:

Exercicio primeiro: consistirá en contestar por escrito a 40 preguntas referentes ó programa achegado ás bases, nun tempo máximo dunha hora.

Exercicio segundo: consistirá na resolución práctica do suposto ou supostos propostos polo tribunal sobre o funcionamento do servicio, nun tempo máximo dunha hora.

Os exercicios volararanse de 0 a 10 puntos, terán carácter eliminatorio e para superalos os aspirantes deberán acadar unha puntuación mínima de 5 puntos, en cada un deles.

A puntuación obtida na fase do concurso non poderá aplicarse para supera-la fase de oposición.

A puntuación final será dada pola suma da puntuación obtida na fase de oposición e na do concurso, sempre e cando as aspirantes superen a fase de oposición coa puntuación mínima de cinco puntos, que é a puntuación mínima necesaria para superar cada un dos exercicios da fase de oposición.

O tribunal non poderá aprobar nin declarar que superaron as probas un número de aspirantes superior ó das prazas convocadas.

7ª.-Comezo das probas.

A data, hora e lugar de comezo do primeiro exercicio anunciarase con quince días de antelación, cando menos no BOP, e non poderá comezar sen que transcorran dous meses como mínimo desde a publicación da convocatoria.

A data de celebración dos demais exercicios publicarase unicamente no taboleiro de edictos do concello.

Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en chamamento único, sendo excluídos os que non comparezan, agás os casos de forza maior debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal. As razóns e probas xustificativas formularanse dentro das 24 horas seguintes á celebración do exercicio e, de seren apreciadas polo tribunal, causarían a suspensión inmediata dos exercicios

pendentes ata que non fose examinado do anterior exercicio o aspirante interesado.

8ª.-Relacion de aprobados. Presentacion de documentos e nomeamento.

Rematadas as probas e efectuadas as cualificacións, o tribunal publicará a lista de aprobados que non poderá ser superior ó número de prazas convocadas e elevará a dita relación á presidencia da corporación para que se formule a correspondente proposta de nomeamento.

O opositor proposto presentará na secretaría do concello, dentro do prazo de vinte días naturais contados a partir da publicación da lista de aprobados, os documentos acreditativos das condicións que para tomar parte na oposición se esixen na base segunda, e que son:

1. Fotocopia do DNI (que se presentará acompañada do orixinal para a súa compulsa).

2. Copia auténtica ou fotocopia (que se presentará acompañada do orixinal para a súa compulsa) do título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

3. Certificación acreditativa de reuni-los requisitos esixidos nos apartados a) e b) da base 2ª.

Dentro do prazo indicado, agás os casos de forza maior, os opositores propostos que non presenten a súa documentación ou non reunisen os requisitos esixidos, non poderán ser nomeados e quedarán anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo das responsabilidades nas que puidesen incorrer por falsidade.

No prazo dun mes, contado desde a notificación do nomeamento, o aspirante nomeado deberá tomar posesión do seu cargo, debendo asina-lo correspondente contrato de fixo descontinuo a tempo parcial, quedando en situación de cesante cando, sen causa xustificada, non o fixesen dentro do prazo sinalado.

9ª.-Resolución de dúbidas.

O tribunal queda autorizado para resolve-las dúbidas que se presenten e para toma-los acordos necesarios para a boa orde do concurso-oposición en todo o non previsto nas bases.

10ª.-Impugnación da convocatoria e dos seus actos.

Contra a presente convocatoria e as súas bases poderá recorrerse mediante a interposición do oportuno recurso. Os actos administrativos derivados da convocatoria e da actuación dos tribunais poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Programa.

1. A Constitución española de 1978. Principios xerais. Estructura e contido.

2. Dereitos fundamentais e liberdades públicas.

3. A organización territorial do Estado español. Diferentes tipos de Administración: central, autonómica, local e institucional.

4. O Estatuto de autonomía de Galicia. O Parlamento de Galicia.

5. O municipio. O termo municipal e a poboación.

6. A organización municipal e as competencias dos seus órganos.

7. A función pública local: a súa organización e réxime xurídico. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos.

8. Funcionarios públicos: situacións administrativas, incompatibilidades e réxime disciplinario.

9. O municipio de Fene. Límites. Poboación. Situación das parroquias e principais núcleos de poboación.

10. Localización dos lugares do concello de Fene. Localización dos edificios destinados a servicios públicos e funcións que se levan a cabo neles.

Bases para a provisión en propiedade, polo procedemento de concurso-oposición, dunha praza de xestor das actividades de cultura, ensino, deportes e normalización lingüística, incluída na oferta pública de emprego para 1997.

1ª.-Obxecto da convocatoria.

A provisión, polo procedemento de concurso-oposición, dunha praza de xestor das actividades de cultura, ensino, deportes e normalización lingüística, incluída na oferta de emprego público para 1997, e encadrada na escala de Administración especial, subescala: servicios especiais, clase: cometidos especiais e categoría xestor das actividades de cultura, ensino, deportes e normalización lingüística, dotada coas retribucións correspondentes ó grupo C, do artigo 25 da Lei 30/1984, e demais emolumentos acordados por esta corporación e concretados na correspondente relación orzamentaria.

As bases da convocatoria publicaranse integramente no BOP, no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de edictos do concello, anunciándose un extracto dela no Boletín Oficial del Estado. Os anuncios sucesivos inseriranse soamente no primeiro dos boletíns citados e no taboleiro de edictos.

2ª.-Condicións dos aspirantes.

Para participaren nas probas selectivas, os aspirantes terán que reuni-las seguintes condicións:

a) Ser de nacionalidade española.

b) Ter cumpridos os 18 anos de idade ou te-la idade que a convocatoria estableza como mínima antes de que finalice o prazo de presentación de instancias, e non excede-la idade establecida como máxima para o ingreso no corpo ou escala.

c) Posuí-lo título de bacharelato superior, formación de segundo grao ou equivalente.

d) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal exercicio da función.

e) Non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibiliade que determine a lexislación vixente.

f) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, Comunidade Autónoma ou Administración local, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

g) Carta de pagamento acreditativa de ter aboado o importe dos dereitos de exame ou resgardo do xiro postal ou telegráfico do seu abonamento, que se fixa en 2.500 pesetas. Estarán exentos de abona-los dereitos de exame os solicitantes parados que o xustifiquen documentalmente con certificación expedida pola Oficina de Emprego.

Os dereitos de exame só serán devoltos a quen non fose admitido ás probas selectivas por non reuni-los requisitos esixidos.

Tódolos requisitos anteriores deberán terse no momento de remata-lo prazo de admisión de solicitudes e conservarse, polo menos, ata a data do nomeamento.

3ª.-Presentación de instancias.

As instancias para tomar parte no concurso oposición serán dirixidas ó alcalde-presidente da corporación, facendo constar que se reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos na base anterior, e presentaranse no prazo de vinte días naturais a partir do seguinte ó da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

As instancias presentaranse directamente no rexistro xeral da corporación ou a través do procedemento establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Á instancia uniranse os documentos xustificativos dos méritos que se aleguen, mediante orixinais ou fotocopias compulsadas, pois non se tomarán en consideración nin serán avaliados aqueles que non queden debidamente acreditados, en tódolos seus extremos, no momento de presentación de instancias.

4ª.-Admisión de aspirantes.

Expirado o prazo de presentación de instancias, o presidente da corporación dictará resolución pola que se aprobará a lista provisional de admitidos e excluídos, que será publidada no BOP e no taboleiro de edictos da casa do concello, concedéndose un prazo de dez días para reclamacións.

As ditas reclamacións, se as houber, serán resoltas polo órgano que aprobou a lista provisional, aprobándoas ou rexeitandoas e aprobando a lista definitiva, que será publicada na mesma forma que a provisional. Nesta mesma resolución incluiranse a

composición do tribunal e a hora de comezo dos exercicios.

5ª.-Tribunal cualificador.

O tribunal estará composto polos seguintes membros:

-Presidente: o da corporación ou membro dela en quen delegue.

-Secretario: o da corporación ou funcionario dela en quen delegue.

- Vocais:

Un representante designado pola Comunidade Autónoma.

Un representante da Dirección Xeral de Política Lingüística.

Un funcionario de carreira da corporación.

O secretario do concello ou funcionario en quen delegue.

Un representante dos traballadores.

Un representante de cada grupo político municipal.

A composición do tribunal farase pública no BOP, e contra os nomeados poderán os aspirantes facer uso do dereito de recusación cando concorran as circunstancias determinadas na lei.

O tribunal quedará integrado, ademais, polos respectivos suplentes. Tódolos membros do tribunal deberán contar con titulación igual ou superior á esixida para o acceso á praza, agás o presidente.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente. En todo caso requirirase a asistencia do presidente e o secretario, ou persoas nas que delegue.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo á autoridade convocante, cando concorran neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 e 29 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou cando realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores ó da publicación da correspondente convocatoria.

Tamén poderá disporse a incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes dos exercicios que estimen pertinentes, limitándose os asesores a prestaren a colaboración nas súas especialidades técnicas.

6ª.-Comezo e desenvolvemento dos exercicios.

Os exercicios da oposición non poderán comezar ata transcorridos dous meses desde a data na que apareza publicada a presente convocatoria no BOP, anunciado quince días antes de comeza-lo primeiro exercicio, no mesmo medio, o día, hora e local no que terá lugar. Este anuncio poderá ser substituído por citación persoal ós aspirantes, debendo constar

no expediente a xustificación de terse recibida a notificación. A convocatoria para os seguintes exercicios será efectuada no taboleiro de edictos da casa do concello, debendo transcorrer, como mínimo, corenta e oito horas entre a celebración dun exercicio e o comezo do seguinte. Os opositores serán convocados para cada exercicio en chamamento único, agás casos de forza maior debidamente xustificados e apreciados libremente polo tribunal. Acreditarán a súa personalidade coa exhibición do DNI.

7ª.-Exercicios da oposición.

A) Fase de concurso.

A estimación da fase de concurso farase de acordo co seguinte baremo de méritos:

a) Experiencia profesional: por cada 12 meses de servicios prestados en igual posto de traballo (cunha puntuación máxima de 6 puntos neste apartado)

-Na Administración local: 0,50 puntos.

-Noutra Administración pública: 0,25 puntos.

b) Pola participación como docente e/ou relator/a en cursos e xornadas relacionadas coas funcións propias da praza á que se aspira (cunha puntuación máxima de 4 puntos neste apartado).

-Pola participación como docente en cursos/obradoiros de formación: 0,75 puntos/curso.

-Por presentar relatorios/comunicacións en congresos e xornadas: 0,50 puntos/relatorio.

c) Pola participación/superación con aproveitamento en cursos e xornadas relacionados coas funcións propias da praza á que se aspira, incluídos os cursos de formación en lingua galega (cunha puntuación máxima de 2 punto neste apartado).

-Por cada curso de 40 horas ou superior: 0,75 puntos.

-Por cada curso entre 10 e 39 horas: 0,50 puntos.

-Por cada curso inferior a 10 horas: 0,10 puntos.

A cualificación da fase de concurso será a media aritmética dos puntos outorgados polos distintos membros do tribunal.

A puntuación obtida nesta fase será publicada no taboleiro de edictos do concello e en ningún caso poderá ser aplicada co fin de supera-los exercicios da fase de oposición.

B) Fase de oposición.

A fase de oposición constará dos seguintes exercicios:

Primeiro exercicio. Eliminatorio. Consistirá en desenvolver por escrito, nun tempo de dúas horas, un tema elixido ó chou dos comprendidos no programa que figura no grupo «A» do anexo destas bases. Estimarase ata un máximo de 10 puntos, resultando eliminados/as os/as aspirantes que non acaden a puntuación mínima de 5 puntos.

Segundo exercicio. Eliminatorio. Consistirá en desenvolver por escrito, durante un tempo de dúas horas, un tema elexido ó chou dos comprendidos no programa que figura no grupo «B» do anexo destas bases. Estimarase ata un máximo de 10 puntos, resultando eliminados/as os/as aspirantes que non acaden a puntuación mínima de 5 puntos.

Terceiro exercicio. Tamén eliminatorio. Consistirá en desenvolver por escrito, durante un tempo máximo de dúas horas, unha proposta de programación relacionada coas funcións da praza e que presentará o tribunal inmediatamente antes de se celebra-lo exercicio. Estimarase ata un máximo de 10 puntos, resultando eliminados/as os/as aspirantes que non acaden a puntuación mínima de 5 puntos.

Cuarto exercicio. De carácter voluntario. Consistirá nunha proba práctica de utilización dun procesador de textos valorándose ademais o número de pulsacións. Este exercicio cualificarase cun máximo de 2 puntos.

Dado o perfil da praza, tódolos exercicios hanse desenvolver en lingua galega, cualificando o tribunal o correcto dominio desta.

8ª.-Cualificación dos exercicios e resolución do concurso-oposición.

Os tres primeiros exercicios cualificaranse de 0 a 10 puntos, sendo preciso acadar un mínimo de 5 puntos en cada un deles para superalos.

O cuarto exercicio cualificarase cun máximo de 2 puntos, estando comprendido entre 0 e 2 o número de puntos que pode outorgar cada membro do tribunal, sumándose esta puntuación á obtida no resto das probas.

9ª.-Relación de aprobados, presentación de documentación e nomeamento.

Rematada a cualificación dos aspirantes, o tribunal publicará a relación de aprobados, por orde de puntuación, que de acordo co establecido na vixente lexislación, non poderá supera-lo número de prazas convocadas, que neste caso é dunha, e remitiralle a proposta de nomeamento xuntamente coa acta da úlima sesión ó presidente da corporación a quen compete face-lo nomeamento correspondente.

O opositor proposto presentará na secretaría do concello, dentro do prazo de vinte días naturais contados a partir da publicación da lista de aprobados, os documentos acreditativos das condicións que para tomar parte na oposición se esixen na base segunda, e que son:

1. Fotocopia do DNI (que se presentará acompañada do orixinal para a súa compulsa).

2. Copia auténtica ou fotocopia (que se presentará acompañada do orixinal para a súa compulsa) do título de bacharelato superior, formación de segundo grao ou equivalente.

3. Declaración xurada de non atoparse incurso en causa de incapacidade ou inhabilitación para o exer

cicio de funcións públicas, así como non ter sido separado mediante expediente disciplina-rio do servicio do Estado, Comunidade Autónoma ou Administración local, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

4. Certificado de non padecer enfermidade ou defecto físico que imposibilite o normal exercicio da función.

5. Os que tivesen a condición de funcionarios estarán exentos de xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa demostrados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo presentar certificación da Administración á que pertenza.

Dentro do prazo indicado, agás os casos de forza maior, os opositores propostos que non presenten a súa documentación ou non reunisen os requisitos esixidos non poderán ser nomeados e quedarán anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo das responsabilidades nas que puidesen incorrer por falsidade.

No prazo dun mes, contado a partir da notificación do nomeamento, os aspirantes nomeados deberán tomar posesión do seu cargo, prestando xuramento ou promesa de conformidade co disposto no Real decreto 707/1979, do 5 de abril, quedando en situación de cesante cando, sen causa xustificada, non o fixesen dentro do prazo sinalado.

10ª.-Resolución de dúbidas.

O tribunal queda autorizado para resolve-las dúbidas que se presenten e para toma-los acordos necesarios para a boa orde do concurso-oposición en todo o non previsto nas bases.

11ª.-Impugnación da convocatoria e dos seus actos.

Contra a presente convocatoria e as súas bases poderá recorrerse mediante a interposición do oportuno recurso. Os actos administrativos derivados da convocatoria e da actuación dos tribunais poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Programa.

Grupo A.

1. A Constitución española de 1978: principios xerais e estructura.

2. Dereitos e deberes dos cidadáns.

Tema 3.-A Coroa. O poder lexislativo. O Goberno e a Administración do Estado. O poder xudicial.

4. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e estructura.

5. A Xunta de Galicia e o seu presidente. O Parlamento de Galicia. Control parlamentario da acción de goberno.

6. O municipio. Organización municipal. Competencias.

7. Procedemento administrativo local.

8. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos.

Grupo B.

1. A cooficialidade lingüística na Constitución española e nos estatutos de autonomía.

2. A Lei de normalización lingüística de Galicia.

3. A Lei do uso do galego polas corporacións locais e as ordenanzas municipais de normalización lingüística.

4. Os servicios de normalización lingüística: definición, organización e funcións.

5. Xestión de recursos humanos e económicos nun servicio de normalización lingüística.

6. Definición e obxectivos da planificación lingüística.

7. Definición e obxectivos da dinamización lingüística.

8. Os plans de normalización lingüística: definición e criterios de elaboración.

9. A situación sociolingüística de Galicia. O MSG.

10. Política lingüística e normalización lingüística en Galicia.

11. A xestión normalizadora no ámbito local.

12. O proceso de normalización lingüística no concello de Fene.

13. O proceso de normalización da lingua galega no ámbito socioeconómico.

14. O proceso de normalización da lingua galega: escenarios futuros.

15. O Consello Escolar de Galicia: funcións e estructura.

16. Situación socioeducativa municipal: o ensino en Fene.

17. O Consello Escolar Municipal de Fene.

18. O Consello da Cultura Galega: funcións e estructura.

19. A política cultural no concello de Fene.

20. A participación da sociedade civil na política cultural.

21. Xestión de recursos humanos e económicos nun departamento municipal de Cultura.

22. Modelos de xestión da política cultural municipal.

23. As novas tecnoloxías da información como ferramentas de integración e dinamización.

24. O deporte como fenómeno social e cultural.

25. Evolución do marco organizativo do deporte.

26. Conceptualización e manifestacións do deporte. A estructura do sistema deportivo.

27. Deporte para todos, aproximación histórica e concepto.

28. Recreación e tempo de lecer: concepto e evolución.

29. A Lei do deporte de Galicia.

30. O concello e a práctica de actividades físicas. Recursos materiais e humanos.

31. Modelos de xestión da política deportiva municipal.

32. A política deportiva no concello de Fene.

Bases que rexerán a provisión en propiedade, polo sistema de promoción interna por concurso-oposición, dunha praza de oficial electricista, incluída na oferta pública de 1997.

1ª.-Obxecto de convocatoria.

É obxecto da presente convocatoria a provisión en propiedade, polo sistema de promoción interna por concurso-oposición, dunha praza de oficial electricista, encadrada na escala de Administración especial, subescada de servicios especiais, clase persoal de oficios, pertenecente ó grupo D, segundo o disposto no artigo 25 da Lei 30/1994.

As bases da convocatoria publicaranse integramente no BOP, no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de edictos do concello, anunciándose un extracto dela no Boletín Oficial del Estado. Os anuncios sucesivos, soamente se inseriran no primeiro dos boletíns citados, e no taboleiro de edictos.

2ª.-Condicións dos aspirantes.

Os aspirantes deberán reuni-los requisitos seguintes referidos á data na que remate o prazo de presentación de instancias:

a) Pertenecer á escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase persoal de oficios deste concello, e te-la categoría de axudante electricista.

b) Ter unha antigüidade de, alomenos, dous anos na mencionada subescala.

c) Posuí-lo título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

d) Carta de pagamento acreditativa de ter aboado o importe dos dereitos de exame ou resgardo do xiro postal ou telegráfico do seu abamento, que se fixa en 2.500 pesetas.

3ª.-Presentación de instancias.

As instancias polas que se solicita tomar parte no concurso-oposición polo sistema de promoción interna, nas que os aspirantes manifestarán expresamente que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na base segunda, dirixiranse ó alcalde presidente e presentaranse no rexistro xeral do concello, durante o prazo de vinte días naturais con

tados a partir da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

As instancias poderán presentarse tamén na forma que determina o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

No rexistro xeral do concello facilitaranse modelos normalizados das devanditas instancias.

4º.-Admisión de aspirantes.

Rematado o prazo de presentación de instancias, a alcaldía dictará resolución no prazo máximo dun mes, aprobando a lista de aspirantes admitidos e excluídos cos motivos da exclusión, e a designación do tribunal cualificador que se publicará no BOP e no taboleiro de edictos da corporación, concedéndose un prazo de 10 días para emenda polos aspirantes excluídos, dos defectos a que alude o artigo 71 da Lei 30/1992 do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e a abstención e recusación dos membros dos tribunais. A publicación da devandita resolución no BOP será determinante, así mesmo, para efectos de posible impugnación e recursos, de conformidade co previsto na invocada lei.

Poderá publicarse exclusivamente a lista de aspirantes excluídos, cos motivos da exclusión.

A mencionada lista elevarase a definitiva polo transcurso do prazo para reclamacións, se non as houbese; no caso contrario exporase de novo a lista definitiva, na mesma forma cá anterior.

5ª.-Tribunal cualificador.

O tribunal que xulgará as probas de que consta a oposición estará constituído do seguinte xeito:

Presidente: o alcalde presidente do concello, ou membro da corporación en quen delegue.

Secretario: o do concello ou funcionario en quen delegue.

Vocais: un representante da Xunta de Galicia.

O enxeñeiro municipal.

Un representante do comité de persoal.

Un representante de cada grupo político municipal.

A composición do tribunal farase pública no BOP, e contra os nomeados poderán os aspirantes facer uso do dereito de recusación cando concorran as circunstancias determinadas na lei.

O tribunal quedará integrado, ademais, polos respectivos suplentes. Tódolos membros do tribunal deberán contar con titulación igual ou superior á esixida para o acceso á praza, agás o presidente.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente. En todo caso requirirase a asistencia do presidente e o secretario, ou persoas nas que delegue.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo á autoridade convocante, cando concurran neles algunha das circunstancias previstas nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou cando realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación da correspondente convocatoria.

Tamén poderá disporse a incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes dos exercicios, que estimen pertinentes, limitándose os asesores a presta-la colaboración nas súas especialidades técnicas.

6ª.-Sistema de selección: promoción interna: concurso-oposición.

O procedemento de selección dos aspirantes consistirá nas seguintes fases:

A) Fase de concurso:

-Por servicios prestados ó concello de Fene como axudante electricista: 0,10 puntos por mes, ata un máximo de 4 puntos.

-Por servicios prestados noutras administracións públicas, nas mesmas condicións sinaladas no apartado anterior: 0,05 puntos por mes, ata un máximo de 2 puntos.

-Curso de iniciación da lingua galega: 1,00 punto.

-Curso de perfeccionamento da lingua galega: 2,00 puntos.

Puntuarase o de máis alto nivel caso de posuí-los dous.

A acreditación dos servicios prestados, efectuarase mediante certificación expedida polo ente público no que se teñan prestados os servicios.

A acreditación de realización dos cursos farase mediante certificado expedido ou homologado pola Dirección Xeral de Política Lingüística ou Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

A valoración dos méritos, que se publicará dous días antes, como mínimo, do comezo da fase de oposición, farase de conformidade coa documentación que achegan os aspirantes ó presenta-la solicitude de admisión ás probas.

B) Fase da oposición:

Constará das seguintes probas, de carácter obrigatorio e eliminatorio:

Exercicio primeiro: de carácter práctico, consistirá en facer unha práctica de electricidade.

Exercicio segundo: consistirá en contestar por escrito a 10 preguntas referentes ó programa achegado ás bases, nun tempo máximo dunha hora.

Os exercicios primeiro e segundo volararanse de 0 a 10 puntos, terán carácter eliminatorio e para superalos os aspirantes deberán acadar unha puntuación mínima de 5 puntos, en cada un deles.

A puntuación obtida na fase do concurso non poderá aplicarse para supera-la fase de oposición.

A puntuación final será dada pola suma da puntuación obtida na fase de oposición e na do concurso, sempre e cando os aspirantes superen a fase de oposición coa puntuación mínima de cinco puntos, que é a puntuación mínima necesaria para superar cada un dos exercicios da fase de oposición.

O tribunal non poderá aprobar nin declarar que superaron as probas un número de aspirantes superior ó das prazas convocadas.

7ª.-Comezo das probas.

A data, hora e lugar de comezo do primeiro exercicio anunciarase con quince días de antelación, cando menos no BOP, e non poderá comezar sen que transcorran dous meses como mínimo desde a publicación da convocatoria.

A data de celebración dos demais exercicios, publicarase unicamente no taboleiro de edictos do concello.

Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en chamamento único, sendo excluídos os que non comparezan, agás os casos de forza maior debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal. As razóns e probas xustificativas formularanse dentro das 24 horas seguintes á celebración do exercicio e, de ser apreciadas polo tribunal, causarían a suspensión inmediata dos exercicios pendentes ata que non fose examinado do anterior exercicio o aspirante interesado.

8ª.-Relación de aprobados. Presentación de documentos e nomeamento.

Rematadas as probas e efectuadas as cualificacións, o tribunal publicará a lista de aprobados que non poderá ser superior ó número de prazas convocadas e elevará dita relación á presidencia da corporación para que se formule a correspondente proposta de nomeamento.

O opositor proposto presentará na secretaría do concello, dentro do prazo de vinte días naturais contados a partir da publicación da lista de aprobados, os documentos acreditativos das condicións que para tomar parte na oposición se esixen na base segunda, e que son:

1. Fotocopia do DNI (que se presentará acompañada do orixinal para a súa compulsa).

2. Copia auténtica ou fotocopia (que se presentará acompañada do orixinal para a súa compulsa) do título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

3. Certificación acreditativa de reuni-los requisitos esixidos nos apartados a) e b) da base 2ª.

Os que tivesen a condición de funcionarios estarán exentos de xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa demostrados para obte-lo seu

anterior nomeamento, debendo presentar certificación da corporación local á que pertenza.

Dentro do prazo indicado, agás nos casos de forza maior, os opositores propostos que non presenten a súa documentación ou non reunisen os requisitos esixidos non poderán ser nomeados e quedarán anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo das responsabilidades nas que puideran incorrer por falsidade.

No prazo dun mes, a contado desde a notificación do nomeamento, o aspirante nomeado deberá tomar posesión do seu cargo, prestando xuramento ou promesa de conformidade co disposto no Real decreto 707/1979, do 5 de abril, quedando en situación de cesante cando, sen causa xustificada, non o fixesen dentro do prazo sinalado.

9ª.-Resolución de dúbidas.

O tribunal queda autorizado para resolve-las dúbidas que se presenten e para toma-los acordos necesarios para a boa orde da oposición. En todo o non previsto nestas bases, rexerá como supletorio o Regulamento xeral do ingreso de persoal ó servicio da Administración do Estado de 1984; Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, e demais normas aplicables.

10ª.-Impugnación da convocatoria e dos seus actos.

Contra presente convocatoria e as súas bases poderá recorrerse mediante a interposición do oportuno recurso. Os actos administrativos derivados da convocatoria e da actuación dos tribunais poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Programa.

1. A Constitución española de 1978. Principios xerais. Estructura e contido.

2. Dereitos fundamentais e liberdades públicas.

3. A organización territorial do Estado español. Diferentes tipos de Administración: central, autonómica, local e institucional.

4. O Estatuto de autonomía de Galicia. O Parlamento de Galicia.

5. O municipio. O termo municipal e a poboación.

6. A organización municipal e as competencias dos seus órganos.

7. A función pública local: a súa organización e réxime xurídico. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos.

8. Funcionarios públicos: situacións administrativas, incompatibilidades e réxime disciplinario.

9. O municipio de Fene. Límites. Poboación. Situación das parroquias e principais núcleos de poboación.

10. Localización dos lugares do Concello de Fene. Localización dos edificios destinados a servicios públicos e funcións que se levan a cabo neles.

Bases para a provisión en propiedade, polo procedemento de concurso-oposición, dunha praza de técnico xestión financeira e recadación, incluída na oferta pública de emprego para 1997.

1ª.-Obxecto da convocatoria.

A provisión, polo procedemento de concurso-oposición, dunha praza de técnico xestión financeira e recadación, incluída na oferta de emprego público para 1997, e encadrada na escala de Administración especial, subescala: servicios especiais, clase: cometidos especiais e categoría técnico xestión financeira e recadación, dotada coas retribucións correspondentes ó grupo B, do artigo 25 da Lei 30/1984, e demáis emolumentos acordados por esta corporación e concretados na correspondente relación orzamentaria.

As bases da convocatoria publicaranse integramente no BOP, no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de edictos do concello, anunciándose un extracto dela no Boletín Oficial del Estado. Os anuncios sucesivos, soamente se inserirán no primeiro dos boletíns citados, e no taboleiro de edictos.

2ª.-Condicións dos aspirantes.

Para participaren nas probas selectivas, os aspirantes terán que reuni-las seguintes condicións:

a) Ser de nacionalidade española.

b) Ter cumpridos os 18 anos de idade ou te-la idade que a convocatoria estableza como mínima antes de que finalice o prazo de presentación de instancias, e non excede-la idade establecida como máxima para o ingreso no corpo ou escala.

c) Posuí-lo título de diplomado en ciencias empresariais ou económicas.

d) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal exercicio da función.

e) Non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibiliade que determine a lexislación vixente.

f) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, Comunidade Autónoma ou Administración local, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

g) Carta de pagamento acreditativa de ter aboado o importe dos dereitos de exame ou resgardo do xiro postal ou telegráfico do seu aboamento, que se fixa en 2.500 pesetas. Estarán exentos do pagamento de dereitos de exame os aspirantes que se atopen en situación de desemprego, logo de presentación da certificación acreditativa de tal extremo, expedida pola oficina de emprego.

Os dereitos de exame só serán devoltos a quen non fose admitido ás probas selectivas por non reuni-los requisitos esixidos.

Tódolos requisitos anteriores deberán terse no momento de remata-lo prazo de admisión de solicitudes e conservarse, polo menos, ata a data do nomeamento.

3ª.-Presentación de instancias.

As instancias para tomar parte no concurso oposición serán dirixidas ó alcalde-presidente da corporación, facendo constar que se reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos na base anterior, e presentaranse no prazo de vinte días naturais a partir do seguinte ó da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

As instancias presentaranse directamente no rexistro xeral da corporación ou a través do procedemento establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Á instancia uniranse os documentos xustificativos dos méritos que se aleguen mediante orixinais ou fotocopias compulsadas, pois non se tomarán en consideración nin serán avaliados aqueles que non queden debidamente acreditados, en tódolos seus extremos, no momento de presentación de instancias.

4º.-Admisión de aspirantes.

Expirado o prazo de presentación de instancias, o presidente da corporación dictará resolución pola que se aprobará a lista provisional de admitidos e excluídos, que será publidada no BOP e no taboleiro de edictos da Casa do Concello, concedéndose un prazo de dez días para reclamacións.

As ditas reclamacións, se as houber, serán resoltas polo órgano que aprobou a lista provisional, aprobándoas ou rexeitándoas e aprobando a lista definitiva, que será publicada na mesma forma que a provisional. Nesta mesma resolución incluirase a composición do tribunal e a hora de comezo dos exercicios.

5ª.-Tribunal cualificador.

O tribunal estará composto polos seguintes membros:

-Presidente: o da corporación ou membro dela en quen delegue.

-Secretario: o da corporación ou funcionario dela en quen delegue.

-Vocais:

Un representante designado pola Comunidade Autónoma.

Un funcionario de carreira designado pola corporación.

O secretario do concello ou funcionario en quen delegue.

Un representante dos traballadores.

Un representante de cada grupo político municipal.

Un técnico na materia designado pola corporación.

A composición do tribunal farase pública no BOP, e contra os nomeados poderán os aspirantes facer uso do dereito de recusación cando concorran as circunstancias determinadas na lei.

O tribunal quedará integrado ademais polos respectivos suplentes. Tódolos membros do tribunal deberán contar con titulación igual ou superior á esixida para o acceso á praza, agás o presidente.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente. En todo caso requirirase a asistencia do presidente e o secretario, ou persoas nas que delegue.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo á autoridade convocante, cando concorran neles algunha das circunstancias previstas nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou cando realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación da correspondente convocatoria.

Tamén poderá disporse a incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes dos exercicios, que estimen pertinentes, limitándose os asesores a presta-la colaboración nas súas especialidades técnicas.

6ª.-Comezo e desenvolvemento dos exercicios.

Os exercicios da oposición non poderán comezar ata transcorridos dous meses desde a data na que apareza publicada a presente convocatoria no BOP, anunciado quince días antes de comeza-lo primeiro exercicio, no mesmo medio, o día, hora e local no que terá lugar. Este anuncio poderá ser substituído por citación personal ós aspirantes, debendo constar no expediente a xustificación de terse recibida a notificación. A convocatoria para os seguintes exercicios será efectuada no taboleiro de edictos da Casa do Concello, debendo transcorrer, como mínimo, corenta e oito horas entre a celebración dun exercicio e o comezo do seguinte. Os opositores serán convocados para cada exercicio en chamamento único, agás casos de forza maior debidamente xustificados e apreciados libremente polo tribunal. Acreditarán a súa persoalidade coa exhibición do DNI.

7ª.-Exercicios da oposición.

Fase do concurso.

Non terá carácter eliminatorio e nela avaliarase:

a) Experiencia profesional.

1. Por servicios prestados na Administración local en igual posto de traballo, por cada ano completo de servicios, 1 punto, ata un máximo de 4 puntos.

2. Por servicios prestados noutra Administración pública en igual posto de traballo, por cada ano

completo de servicios, 0,25 puntos, ata un máximo de 2 puntos.

Os puntos do apartado 1 e 2 non son acumulativos.

b) Pola participación en cursos relacionados coas funcións propias da praza á que se aspira (cunha puntuación máxima de 4 puntos neste apartado):

-Por cada curso de máis de 100 horas: 2,15 puntos.

-Por cada curso de entre 50 e 100 horas: 0,75 puntos.

-Por cada curso de entre 20 e 50 horas: 0,70 puntos.

-Por cada curso ou xornada de duración inferior a 20 horas: 0,25 puntos (ata un máximo de 1 punto neste apartado).

c) Experiencia docente en contabilidade das administracións públicas (cunha puntuación máxima de 3 puntos neste apartado):

1. En concellos: 0,50 puntos por mes.

2. Noutras administracións públicas: 0,25 puntos por mes.

Os puntos do apartado 1 e 2 non son acumulativos.

d) Por coñecemento da lingua galega:

-Curso de iniciación: 1 punto.

-Curso de perfeccionamento: 2 puntos.

Acreditaranse con certificado oficial da Xunta de Galicia e puntuarase o de máis alto nivel en caso de posuí-los dous.

A puntuación obtida nesta fase será publicada no taboleiro de edictos do concello e en ningún caso poderá ser aplicada co fin de supera-los exercicios da fase de oposición.

Fase da oposición:

A oposición comporase dos seguintes exercicios:

Primeiro exercicio: de carácter obrigatorio e liminatorio, consistirá en desenvolver por escrito, nun período máximo de dúas horas, un tema de carácter xeral da primeira parte de materias comúns do programa achegado ás bases, elixido de entre tres sacados ó chou.

Segundo exercicio: obrigatorio e eliminatorio, consistirá en responder por escrito a un tema sacado ó chou de entre tres dos comprendidos na segunda parte de materias específicas do programa achegado ás bases, nun tempo máximo de dúas horas.

Terceiro exercicio: de carácter obrigatorio, práctico e eliminatorio, consistirá en desenvolver por escrito, durante dúas horas, un suposto ou supostos prácticos que propoña o tribunal e que versará sobre as materias específicas da segunda parte do temario.

Para o desenvolvemento deste exercicio poderanse consultar textos legais.

Cuarto exercicio: de carácter obrigatorio e non eliminatorio consistirá na traducción directa do castelán para o galego, dun texto proposto polo tribunal inmediatamente antes da celebración do exercicio, nun tempo máximo de 30 minutos.

Quinto exercicio: de carácter voluntario, consistirá na resolución práctica, a nivel informático, do suposto ou supostos propostos polo tribunal, sobre os temas relativos á función da praza á que se aspira, nun tempo máximo dunha hora.

8º.-Cualificación dos exercicios e resolución do concurso-oposición:

Os catro primeiros exercicios cualificaranse de 0 a 10 puntos, sendo preciso acadar un mínimo de 5 puntos en cada un deles para superalos, sendo o cuarto exercicio obrigatorio e non eliminatorio, polo que a puntuación deste sumarase á obtida no resto das probas.

O quinto exercicio cualificarase cun máximo de 4 puntos, estando comprendido entre 0 e 4 o número de puntos que pode outorgar cada membro do tribunal, sumándose esta puntuación á obtida no resto das probas.

9º.-Relación de aprobados, presentación de documentación e nomeamento.

Rematada a cualificación dos aspirantes, o tribunal publicará a relación de aprobados, por orde de puntuación que, de acordo co establecido na vixente lexislación, non poderá supera-lo número de prazas convocadas, que neste caso é dunha, e remitirá a proposta de nomeamento xuntamente coa acta da úlima sesión ó presidente da corporación a quen compete face-lo nomeamento correspondente.

O opositor proposto presentará na secretaría do concello, dentro do prazo de vinte días naturais contados a partir da publicación da lista de aprobados, os documentos acreditativos das condicións que para tomar parte na oposición se esixen na base segunda, e que son:

1. Fotocopia do DNI (que se presentará acompañada do orixinal para a súa compulsa).

2. Copia auténtica ou fotocopia (que se presentará acompañada do orixinal para a súa compulsa) do título de diplomado en ciencias empresariais.

3. Declaración xurada de non atoparse incurso en causa de incapacidade ou inhabilitación para o exercicio de funcións públicas, así como non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, Comunidade Autónoma ou Administración local, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

4. Certificado de non padecer enfermidade ou defecto físico que imposibilite o normal exercicio da función.

5. Os que tivesen a condición de funcionarios estarán exentos de xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa demostrados para obte-lo seu

anterior nomeamento, debendo presentar certificación da Administración á que pertenza.

Dentro do prazo indicado, agás nos casos de forza maior, os opositores propostos que non presenten a súa documentación ou non reunisen os requisitos esixidos non poderán ser nomeados e quedarán anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo das responsabilidades nas que puidesen incorrer por falsidade.

No prazo dun mes, contado a partir da notificación do nomeamento, os aspirantes nomeados deberán tomar posesión do seu cargo, prestando xuramento ou promesa de conformidade co disposto no Real decreto 707/1979, do 5 de abril, quedando en situación de cesante cando, sen causa xustificada, non o fixesen dentro do prazo sinalado.

10ª. Resolución de dúbidas.

O tribunal queda autorizado para resolve-las dúbidas que se presenten e para toma-los acordos necesarios para a boa orde do concurso-oposición en todo o non previsto nas bases.

11ª. Impugnación da convocatoria e dos seus actos.

A presente convocatoria e as súas bases poderán recorrerse mediante a interposición do oportuno recurso. Os actos administrativos derivados da convocatoria e da actuación dos tribunais poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Programa.

Primeira parte: materias común.

Tema 1.-A Constitución española do 1978: estructura e características esenciais. Principios constitucionais.

Tema 2.-Os dereitos e deberes fundamentais. Garantías e tutela.-

Tema 3.-A distribución territorial do poder do Estado: o Estado das autonomías. Autonomía política: concepto e significado. Vías de acceso. Os estatutos de autonomía.

Tema 4.-A autonomía galega: orixe e evolución. O Estatuto de autonomía de Galicia.

Tema 5.-O Goberno da Comunidade Autónoma: a Xunta de Galicia e o seu presidente. O Parlamento de Galicia.

Tema 6.-A lei: concepto e clases. As disposicións do Goberno con forza de lei. O regulamento: concepto e natureza. Fundamento e límites da potestade regulamentaria. Os regulamentos ilegais.

Tema 7.-Os contratos administrativos: natureza, clases e elementos. Resolución, rescisión e denuncia.

Tema 8.-Estructura da función pública. Selección dos funcionarios públicos. A condición de funcionario, a carreira administrativa. Situacións adminis-

trativas. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos.

Tema 9.-O municipio: concepto e poboación. Organización e competencias. As eleccións municipais.

Tema 10.-Funcionamento das entidades locais. A potestade regulamentaria. Réxime xurídico e impugnación de acordos.

Tema 11.-Os bens das entidades locais: clasificación. As facendas locais.

Tema 12.-Ingresos públicos: concepto e clasificación. O sistema tributario Español.

Segunda parte: materias específicas.

Tema 13.-Recursos das facendas locais. Principios do ordenamento tributario local. Imposición e ordenamento dos tributos locais.

Tema 14.-A Lei reguladora das facendas locais, ámbito de aplicación. Ingresos de dereito privado. Taxas, prezos públicos e CCEE.

Tema 15.-O catastro: concepto e estructura. Xestión e inspección catastral. Relación coas corporacións locais. Repercusións económicas.

Tema 16.-Imposto sobre bens inmobles (I): concepto e natureza. O feito impoñible. Beneficios fiscais. Suxeitos da relación xurídico tributaria.

Tema 17.-Imposto sobre bens inmobles (II): base impoñible, cota, devengo e período impositivo. Xestión.

Tema 18.-Imposto sobre actividades económicas (I): antecedentes e natureza. O feito impoñible. Beneficios fiscais. Suxeito pasivo. Locais do exercicio da actividade.

Tema 19.-Imposto sobre actividades económicas (II): débeda tributaria: cotas municipais, provinciais e nacionais. Elementos tributarios. A recarga provincial.

Tema 20.-Imposto sobre actividades económicas (III): período impositivo e devengo. Exacción e distribución de citas. A xestión do imposto.

Tema 21.-O imposto municipal sobre vehículos de tracción mecánica.

Tema 22.-O imposto sobre incremento de valor dos terreos de natureza urbana. O imposto sobre construccións, instalacións e obras.

Tema 23.-O orzamento: concepto e fins. Principios orzamentarios. Crise do orzamento clásico. Novas técnicas orzamentarias. O orzamento por programas, descrición e análise.

Tema 24.-A Lei xeral orzamentaria: características, estructura e principios xerais. O sistema recadatorio local: organización e réxime xurídico. A xestión externa de recadación.

Tema 25.-O Regulamento xeral de recadación: estructura e contido. A xestión recadatoria. Obrigados ó pagamento.

Tema 26.-A extinción das débedas: requisitos do pagamento, medios de pagamento en efectivo. Xustificantes do pagamento. Outras formas de extinción: prescrición, compensación, condonación e insolvencia.-

Tema 27.-Aprazamento e fraccionamento do pagamento: tramitación e resolución. Cálculo de xuros e procedemento en caso de falta de pagamento.

Tema 28.-Procedemento de recadación en período voluntario no ámbito local. Recadación de débedas de vencemento periódico e notificación colectiva, Procedemento de recadación en vía de constrinximento: inicio, efectos e fin do procedemento. Notificación. Títulos para execución.

Tema 29.-Ingresos no procedemento de constrinximento, xuros de demora. Embargo de bens, disposicións xerais. A práctica dos embargos.

Tema 30.-O embargo dos distintos tipos de bens. Depósito dos bens embargados.

Tema 31.-Alleamento dos bens embargados, actuacións previas e tipos. Actuacións posteriores. Custas do procedemento. Créditos incobrables. Fin do expediente de constrinximento. Tercerías.

Tema 32.-Incidencias da Lei 25/1995 do 20 de xullo, na xestión recadatoria.

Tema 33.-O orzamento das entidades locais: contido e aprobación. Bases de execución do orzamento.

Tema 34.-Créditos do orzamento de gastos: delimitación e situación dos créditos. Modificacións orzamentarias.-

Tema 35.-Execución do orzamento de gastos. Gastos de carácter plurianual.

Tema 36.-Liquidación dos orzamentos: resultado orzamentario e remanente de tesourería. Normas específicas de consolidación.

Tema 37.-Réxime de contabilidade pública: estados e contas anuais das entidades locais. Control e fiscalización.

Tema 38.-Instrucción de contabilidade para EELL de máis de 5.000 habitantes. A reforma da contabilidade pública. Estructura e contido. Ámbito de aplicación, competencia e fins.

Tema 39.-Documentos contables do orzamento de gastos e do de ingresos. Outros documentos contables.

Tema 40.-Libros de contabilidade: normas xerais. Libros de contabilidade principal. Libros de contabilidade auxiliar.

Tema 41.-A apertura da contabilidade. Contabilidade do orzamento de gastos do exercicio corrente: apertura, situación e modificación dos créditos. Os reintegros de gasto. Operacións de peche.

Tema 42. Operacións de orzamentos pechados de gastos. Os gastos plurianuais.

Tema 43.-Contabilidade do orzamento de ingresos: apertura e modificación das previsións iniciais. Compromisos de ingreso do orzamento corrente.

Tema 44.-Recoñecemento dos dereitos para cobrar. Anulación e recadación dos dereitos do orzamento corrente.

Tema 45.-Devolución de ingresos indebidos. Aprazamento e fraccionamento dos dereitos recoñecidos. Procedemento de constrinximento.

Tema 46.-Operacións de orzamentos pechados de ingresos. Compromisos de ingresos para exercicios futuros. Operacións de regularización. Operacións de peche.

Tema 47.-Contabilidade do inmobilizado. O inmobilizado material.

Tema 48.-Inmobilizado inmaterial. Infraestructua e bens destinados ó uso xeral.

Tema 49.-Contabilidade das operacións de crédito. Operacións de crédito e de tesourería.

Tema 50.-Contabilidade das operacións non orzamentarias de tesourería. Acredores non orzamentarios. Debedores non orzamentarios.

Tema 51.-Pagamentos e ingresos pendentes de aplicación. Contabilidade dos movementos internos de tesourería.

Tema 52.-A contabilidade do imposto sobre o valor engadido.

Tema 53.-Contabilidade dos valores en depósito. contabilidade de control dos axentes recadadores. As contas de orde.

Tema 54.-Operacións de fin de exercicio. Axustes e operacións de regularización. Operacións de peche.-

Tema 55.-Cálculo do resultado orzamentario. Cálculo do remanente de tesourería. Ratios económico-financieros.

Tema 56.-Operacións noutras estructuras contables do sistema: proxectos de gasto, pagamentos que hai que xustificar, anticipos de caixa, remanentes de crédito e gastos con financiamento afectado.

Tema 57.-A conta xeral. As contas da entidade local e os seus organismos autónomos.

Tema 58.-Estructura dos orzamentos das EELL: clasificación funcional do orzamento de gastos.

Tema 59.-Estructura dos orzamentos das EELL: clasificación económica dos gastos do orzamento.

Tema 60.-Estructura dos orzamentos das EELL: clasificación económica dos ingresos do orzamento.

Bases que rexerán a provisión en propiedade, polo sistema de promoción interna, por concurso de méritos, dunha praza de cabo da policía local, incluída na oferta pública de emprego 1997.

1ª.-Obxecto da convocatoria.

É obxecto da convocatoria a provisión mediante concurso de méritos, dunha praza de cabo da policía local, escala de Administración especial, subescala servicios especiais, clase: policía local, cun nivel 18 de complemento de destino.

A praza obxecto desta convocatoria está dotada coas retribucións correspondentes ó grupo D, de acordo co disposto no Art. 2, nº 2 a) do Decreto 121/1995, do 20 de abril, e demais retribucións recollidas no orzamento do concello para o ano 1997, segundo acordos adoptados pola corporación ó respecto.

2ª.-Requisitos do posto de traballo e especificacións derivadas da natureza da función encomendada a el.

Os mandos do corpo terán os seguintes cometidos:

Mando que de acordo coa súa categoría se lles asigne dentro da organización do corpo.

Participar nas xuntas de mandos que pola súa categoría lles corresponda.

As atribucións propias para resolver, dentro das súas respectivas competencias, as incidencias que puidesen xurdir no servicio, debendo informa-lo seu inmediato superior e, se é o caso, a xefatura, se a importancia do asunto o require.

Esixirán a tódolos seus subordinados o cumprimento das obrigas que teñan asignadas, debendo poñer en coñecemento dos seus superiores cantas anomalías ou novidades observen no servicio, correxindo por si mesmos aquelas que fosen da súa competencia. En razón disto, inspeccionarán os servicios que lles competen cantas veces o estimen oportuno.

Representa-la xefatura do corpo naquelas comisións de servicio e actos protocolarios que lles encomenden.

Conceptuar anualmente o persoal ás súas ordes.

O cabo, o mesmo que outros mandos, ten dereito ó saúdo regulamentario por parte dos seus subordinados, ó que deberán corresponder, e asumindo sempre o de maior categoría a responsabilidade dos actos que se realicen na súa presencia.

3ª.-Requisitos dos aspirantes.

Poderán aspirar á cobertura do dito posto de traballo os/as funcionarios/as de carreira do Concello de Fene que ocupen praza de garda da policía municipal do Concello de Fene, co carácter de funcionario en propiedade, cunha antigüidade, como mínimo, de 2 anos.

4ª.-Presentación de instancias.

As instancias polas que se solicita tomar parte no concurso dirixiranse ó alcalde-presidente e presentaranse no Rexistro de Entrada do Concello, debidamente reintegradas, durante o prazo de 20 días naturais contados desde o seguinte o da publicación do anuncio da convocatoria no BOP. Poderán, así mesmo, remitirse no xeito determiñado na LRJAP e PAC.

Para ser admitido e, se é o caso, tomar parte no concurso, bastará con que os aspirantes manifesten que reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos na base 4, referidos sempre ó día en que remate o prazo de presentación de instancias.

Así mesmo, os aspirantes comprométense, en caso de ser propostos para o correspondente nomeamento, a prestar xuramento ou promesa no xeito que prevé o Real decreto 707/1979, do 5 de abril.

Á instancia acompañarase, inexcusablemente:

* Carta de pagamento acreditativa de ter aboado o importe dos dereitos de exame que se cifran en 2.500 ptas. ou resgardo do xiro postal ou telegráfico do seu aboamento, no prazo de presentación de solicitudes.

Os dereitos de exame so serán devoltos a quen non fose admitido ás probas selectivas por non reuni-los requisitos esixidos.

Á instancia acompañaranse relacións circunstanciada dos méritos que se aleguen polo orde que se establece na convocatoria, unindo á devandita relación os documentos xustificativos deles (orixinais ou fotocopias compulsadas), pois non se tomarán en consideración nin serán avaliados aqueles que non queden debidamente acreditados, en tódolos seus extremos, no momento de presentación de instancias.

5ª.-Admisión dos aspirantes.

Rematado o prazo de presentación de instancias, a alcaldía dictará resolución no prazo máximo de 1 mes declarando aprobada a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos, con indicación do prazo de emenda que nos termos da Lei 30/1992, LRJAP e PAC se concede ós aspirantes excluídos. A determinación do lugar e data de comezo da baremación e a composición do tribunal poderá efectuarse na mesma resolución.

A dita resolución será publicada no BOP e exporase no taboleiro de edictos do concello, concedéndose un prazo de dez días para emenda de defectos, se é o caso, a teor do establecido no Art. 71 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A publicación da devandita resolución no BOP será determinante dos prazos para efectos de posibles impugnacións ou recursos.

6ª.-Comisión de valoración.

Estará composta polos seguintes membros:

-Presidente: o da corporación ou concelleiro/a no/a que delegue.

-Vocais:

Un representante designado pola Comunidade Autónoma.

Un representante designado pola Xefatura Provincial de Tráfico.

Un funcionario/a da corporación con titulación igual ou superior ó da praza obxecto da provisión.

Un membro da Xunta de Persoal.

O secretario da corporación ou funcionario no que delegue.

Un representante de cada grupo político municipal.

-Secretario: o da corporación ou funcionario no que delegue.

A composición do tribunal farase pública no BOP, e contra os nomeados poderán os aspirantes facer uso do dereito de recusación cando concorran as circunstancias determinadas na lei.

O tribunal quedará integrado ademais polos respectivos suplentes. Tódolos membros do tribunal deberán contar con titulación igual ou superior á esixida para o acceso á praza, agás o presidente.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente. En todo caso requirirase a asistencia do presidente e o secretario, ou persoas nas que delegue.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo á autoridade convocante, cando concorran neles algunha das circunstancias previstas nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou cando realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación da correspondente convocatoria.

Tamén poderá disporse a incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes dos exercicios, que estimen pertinentes, limitándose os asesores a prestaren a colaboración nas súas especialidades técnicas.

7ª.-Fase do concurso.

O concurso constará de 2 fases:

1ª fase: méritos.

Titulacións académicas:

Título universitario superior: 12 puntos.

Diplomado universitario: 7 puntos.

Bacharelato superior: 4 puntos.

Só se valorarán as de grao superior.

Formación profesional:

Seminarios, cursos, xornadas, congresos, 0,05 puntos.

Cursos de 20 a 50 h: 0,50 puntos.

Cursos de 51 a 100 h: 1 punto.

Cursos de 101 a 150 h: 1,50 puntos.

Cursos de 151 a 200 h: 2 puntos.

Cursos de 201 a 250 h: 2,50 puntos.

Cursos de máis de 250 h: 3 puntos.

Valoraranse exclusivamente os cursos relacionados coa actividade policial, e impartidos polas administracións públicas ou centros oficiais de formación.

Antigüidade:

Ano completo de servicios prestados no corpo da policía local: 1 punto por ano ata un máximo de 15 puntos.

Por coñecemento da lingua galega:

Curso de iniciación: 1 puntos

Curso de perfeccionamento: 2 puntos.

Acreditaranse con certificado oficial da Xunta de Galicia e puntuarase o de máis nivel no caso de posuí-los dous.

2ª fase: capacidade profesional:

-Ata 10 puntos segundo informe emitido pola alcaldía sobre a súa traxectoria profesional, estará baseado no eficaz cumprimento do servicio, grao de motivación, dedicación, capacidade de liderado, adecuación ó traballo en equipo e, en xeral, tódolos aspectos que, a xuízo do que emite o informe, resulten relevantes para o servicio.

-Ata 15 puntos presentación diante do tribunal dun proxecto organizativo do posto de traballo ó que aspira.

O tribunal examinará as solicitudes presentadas avaliando unicamente os méritos xustificados documentalmente.

A cualificación acadada será a que corresponda á suma das dúas fases do concurso.

A puntuación final obtida polos candidatos virá dada pola suma das puntuacións outorgadas ós concursantes en cada unha das dúas fases anteriormente descritas.

8ª.-Curso de formación.

Os aspirantes aprobados polo tribunal deberán supera-lo curso teórico-práctico na Academia Galega de Seguridade, nas condicións que regulamentariamente se determinen.

9ª.-Nomeamento.

O nomeamento producirase logo de supera-lo curso de formación.

10ª

A comisión queda autorizada para resolve-las dúbidas que poidan presentarse e toma-los acordos necesarios para o desenvolvemento do concurso, en todo o non previsto nestas bases.

11ª

A aprobación das bases da convocatoria e os actos administrativos que se sucedan poderán ser recorridos polos interesados nos casos e na forma prevista pola Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

12ª

Para o non previsto nestas bases ou naquelo que as contradigan, serán de aplicación a Lei 7/1985 do 2 de abril; o R.D.L. 781/1986, do 18 de abril; a Lei 30/1984, do 2 de agosto e o R.D. 896/1991, do 7 de xuño.

As ditas bases permanecerán expostas ó público na secretaría do concello por espacio de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó da súa publicación para os efectos de reclamacións.

Fene, 6 de marzo de 1998.

O alcalde

Rubricado

2793