Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Mércores, 15 de abril de 1998 Páx. 3.900

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LARACHA

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 1998 pola que se anuncia concurso, con procedemento aberto, para a adquisición dun inmoble na parroquia de Cabovilaño para a construcción dunha pista polideportiva descuberta.

De conformidade co disposto no artigo 79 da LCAP e acordo da Comisión de Goberno de trece de marzo de 1998 anúnciase concurso, con procedemento aberto, para a adquisición dun terreo na parroquia de Cabovilaño para a construcción dunha pista polideportiva descuberta.

1. Obxecto do contrato: adquisición dun terreo na parroquia de Cabovilaño para a construcción dunha pista polideportiva municipal.

A parcela ofertada terá un mínimo de 3.000 metros cadrados e un máximo de 4.100 metros cadrados, que permitan inscribir un rectángulo de 56 por 24 metros.

O terreo será sensiblemente horizontal.

O terreo será fronte á vía pública que permita o acceso rodado, posibilidade de abastecemento de auga e subministración de enerxía eléctrica.

2. Tipo de licitación: catro millóns oitenta mil pesetas, máximo.

3. Pagamento: o pagamento do prezo farase efectivo con cargo á partida nº 108.511 6.2.1.00.

4. Publicidade dos pregos: estarán de manifesto tódolos días hábiles nas oficinas municipais.

5. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares: durante os oito primeiros días hábiles, seguintes ó da publicación do anunico, supendéndose a licitación no caso de impugnación.

6. Presentación de proposicións: durante os vinteseis días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no BOP.

7. Garantía provisional: 84.800 ptas.

8. Apertura de proposicións: ás trece horas do terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións, no salón de sesións da Casa do Concello, agás se fose sábado; neste caso diferirase ó primeiro día hábil.

9. Modelo de proposicións: o recollido na cláusula nº 7 do prego de condicións.

Laracha, 18 de marzo de 1998.

Jesús Rama Becerra

Alcalde

3221