Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Mércores, 15 de abril de 1998 Páx. 3.901

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONDOÑEDO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello en sesión celebrada o día 26 marzo de 1998, acordou aprobar provisionalmente a modificación puntual das normas complentarias e subsidiarias do planeamento do concello na confluencia do camiño do Penasco e a rúa Vilalba conforme o proxecto técnico realizado polo enxeñeiro de camiños Mario Iglesias Sánchez.

O que se somete a información pública en cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei do solo de Galicia 1/1997, do 24 de marzo.

Faise saber que este acordo esgota a vía administrativa, podendo interpoñerse contra este recurso contencioso-administrativo frente á sala desta xurisdicción do Tribunal Superior de Xustiza de Galcia, no prazo de dous meses contado desde esta publicación no BOP ou no DOG (último no que apareza), en tal caso deberá comunicarse previamente por escrito ante esta alcaldía, de conformidade co disposto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, así como calquera outro que se considere procedente.

Mondoñedo, 6 de abril de 1998.

Manuel Javier Loira Rúa

Alcalde

3223