Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Mércores, 15 de abril de 1998 Páx. 3.901

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIANXO

ANUNCIO.

Anúnciase o contrato de subministración dunha carroceta adaptada para obras municipais polo sistema de concurso con procedemento aberto e trámite de urxencia.

1. Prezo: o prezo máximo, IVE incluído será de 6.612.000 ptas. (seis millóns seiscentas doce mil pesetas).

2. Especificidade: poderase ofertar unha camioneta de segunda man, sempre que se acredite a súa indoneidade, e vida útil suficiente para os próximos seis anos como mínimo.

3. Presentación de proposicións: durante os trece días naturais seguinte á publicación deste anuncio no último diario oficial no que se publique (DOG ou BOP), no rexistro da corporación en horario de oficina de 9 a 14 horas, de luns a venres.

4. Apertura de proposicións: terá lugar ás 19.30 horas do terceiro día hábil seguinte á cancelación do prazo de presentación de proposicións (se coincide en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte).

5. Diferimento: se é o caso, a adxudicación definitiva diferirase o necesario, ata que se faga firme a modificación orzamentaria que financia o presente proxecto de gasto, a cal foi xa aprobada inicialmente polo pleno corporativo, estando en trámite de información pública.

6. Modelo de proposición e documentación: o prego de condicións económico-administrativas que rexerá este contrato (coa documentación que deberá achegarse) así como o modelo de proposición estará á disposición dos licitadores nas oficinas municipais.

Rianxo, 2 de abril de 1998.

Pedro Piñeiro Hermida

Alcalde

3251