Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Mércores, 15 de abril de 1998 Páx. 3.901

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

A comisión de goberno do concello, en sesión do 2 de marzo de 1998, aprobou inicialmente os estatutos e bases de actuación da xunta de compensación do polígono 1 do Plan parcial do SUNP 27 (Piñeiro), promovidos por Lorygar S.L. e Cumega S.A.

O expediente exponse ó público no Negociado de Planeamento e Xestión durante o prazo de vinte días contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 1998.

O alcalde

Rubricado

2730