Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Mércores, 15 de abril de 1998 Páx. 3.881

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Cambre, na súa sesión do 30 de marzo de 1998, acordou aprobar inicialmente o modificado do estudio de detalle para a Unidade de Execución nº 1-b Cambre, das normas subsidiarias municipais, presentado por ANJOCA, S.L., e redactado polos arquitectos Jaime Martínez Molina e Ignacio Ferreiro González.

o que se fai público para xeral coñecemento. O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, de conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia e artigo 140 do Regulamento de planeamento.

Durante o citado prazo poderanse formula-las alegacións que se coiden pertinentes. O expediente poderá ser consultado na Unidade Xurídica de Urbanismo e Persoal desde concello.

Cambre, 6 de abril de 1998.

P.D.

Augusto Rey Moreno

Alcalde en funcións

1474