Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Mércores, 15 de abril de 1998 Páx. 3.860

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (132/1996-01).

Eu, José Espinosa Lozano, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber que neste xulgado se seguen autos de xuízo executivo 132/1996, por instancia de Caixa de Aforros de Galicia, representado pola procuradora Losada Gómez, contra José Antonio Sanmartín Ferreiro e Manuela Ferreiro Pérez en reclamación da suma de 1.206.917 ptas. de principal máis 700.000 ptas. que se reclaman por xuros e custas,

nos que por resolución do día da data se acordou sacar á venda en pública poxa, por primeira vez e por termo de vinte días, e polo tipo de valoración que se dirá, os seguintes bens: casa sita no número 24 de lugar de Veiga do municipio de Carballeda de Avia (Ourense).

Os ditos bens foron valorados na suma de oitocentas dezasete mil pesetas (817.000 ptas.).

A poxa terá lugar neste xulgado, sito no polígono das Fontiñas, na rúa Viena s/n, desta cidade, o día vinteún de maio, ás 9 horas, baixo as seguintes condicións:

Primeira: nos remates non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da avalicación.

Segunda: para tomar parte na poxa deberán os licitadores consignar previamente, no establecemento destinado para o efecto, unha cantidade igual, polo menos ó 20% efectivo do valor dos bens que sirva de tipo para a poxa, requisito sen o cal non serán admitidos.

Terceira: só o executante poderá facer oferta en calidade de cederlle ó remate a un terceiro.

Cuarta: en tódalas poxas desde o anuncio ata a súa celebración, poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, depositando na mesma do xulgado onda aquel o importe da consignación.

Quinta: que por instancia do acredor se sacan os bens a pública poxa sen suplir previamente a falta de títulos.

Sexta: que as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do actor, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

En prevención de que non houber ofertantes na primeira poxa, sinálase para a segunda, con rebaixa do 25% do tipo da primeira, o día 17 de xuño, ás 9 horas, debendo consignar previamente o 20% do tipo desta segunda poxa; sinálase para a terceira o día 15 de xullo, ás 9 horas, sen suxeición a tipo, debendo consignarse previamente o 20% do tipo da segunda poxa.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 1998.

O maxitrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

2543