Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Mércores, 15 de abril de 1998 Páx. 3.860

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 1998 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de dereito penal, do departamento de Dereito Público, a María Inmaculada Valeije Álvarez (praza 24/1996).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 9 de febreiro de 1996 (BOE do 7 de marzo) para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de dereito penal, do departamento de Dereito Público, a prol de María Inmaculada Valeije Álvarez, con documento nacional de identidade número 36.045.260, e cumprindo a interesada os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María Inmaculada Valeije Álvarez, profesora titular de universidade da área de coñecemento de dereito penal, do departamento de Dereito Público.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia

Vigo, 23 de marzo de 1998.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

2527