Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Mércores, 15 de abril de 1998 Páx. 3.860

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (127/1997).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número

catro de Santiago de Compostela, dou fe e certifico:

Que neste xulgado do meu cargo e baixo no nº 127/1997 se segue xuízo de faltas sobre desobedencia na cal se dictou sentencia que contén o seguinte encabezamento e decisión:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o 28 de xaneiro de 1998.

Vistos por Rosa do Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos do xuízo de faltas nº 127/1997, seguidos por desobedencia, sendo parte denunciante os axentes da policía municipal nº 67 e 121; aparecendo como parte denunciada Marcos López Martínez, Carlos Manuel Morais Álvarez, Francisco Javier Pouso Iglesias e Francisco González Oliveira, maiores de idade, coa defensa letrada de Torcuato Teixeira Valoria; o Ministerio Fiscal foi parte.

Decido que debo absolver e absolvo a Marcos López Martínez, Carlos Manuel Morias Álvarez, Francisco Javier Pouso Iglesias e Francisco González Oliveira, da falta inicialmente imputada sen que proceda facer declaracxión sobre a responsabilidade civil e declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe interpor recurso de de apelación no prazo de cinco días desde a súa notificación, ante este xulgado perante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

O inserido anteriormente concorda ben e fielmante co seu orixinal transcrito ó que me remito, e para que conste, para os efectos que procedan e para que lle sirva de notificación en forma ó denunciado, en paradeiro descoñecido, Carlos Manuel Morais Álvarez, expido, asino e selo o presente edicto en Santiago de Compostela o catorce de marzo de mil novecentos noventa e oito.

O/A secretario/a

Rubricado

2544