Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Mércores, 15 de abril de 1998 Páx. 3.861

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (167/1997-08).

Eu, María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de:

Que neste xulgado se seguen autos de xuízo de faltas número 167/1997, sobre malos tratos, no cal se dictou sentencia cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela o seis de marzo de mil novecentos noventa e oito.

José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia: vistos o presentes autos de xuízo verbal de faltas número 176/1997, seguidos neste xulgado sobre malos tratos nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal en representación da acción pública, a Teresa Merchán de Dios; e a demandada María Josefa Fernández Domínguez.

Decido: que debo absolver e absolvo libremente a María Josefa Ferreira Domínguez da falta de malos tratos pola que foi, declarando de oficio as custas procesuais.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado, para ante a audiencia provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma en que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación a María Josefa Ferreira Domínguez, en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o seis de marzo de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

3168