Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Mércores, 15 de abril de 1998 Páx. 3.861

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 1998, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fai pública a adxudicación do concurso público aberto, pola tramitación de urxencia, para a contratación da restauración e reutilización do antigo convento de San Roque en Santiago de Compostela.

En cumprimento do disposto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación da seguinte obra:

1.- Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.

c) Nº de expediente: 2/98.

2.- Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: obras.

b) Descrición do obxecto: restauración e reutilización do antigo convento de San Roque en Santiago de Compostela.

c) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 31, do 16 de febreiro de 1998.

3.- Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4.- Orzamento base de licitación: douscentos cincuenta e catro millóns seiscentas oitenta e tres mil oitocentas pesetas (254.683.800 ptas.), IVE incluído.

5.- Adxudicación:

a) Data: 24 de marzo de 1998.

b) Contratista: Constructora San José, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: douscentos vintecinco millóns novecentas tres mil pesetas (225.903.000 ptas.), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 1998.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio

da Consellería de Economía e Facenda

3010