Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Luns, 13 de abril de 1998 Páx. 3.789

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (439/1997).

José Espinosa Lozano, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber:

Que nos autos de xuízo executivo nº 439/1997, se dictou sentencia con data do 16 de xaneiro de 1998, cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«Vistos por José Espinosa Lozano, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo executivo, seguidos neste xulgado baixo o número 439/1997, entre partes, dunha como demandante, Banco de Asturias, S.A., representado en autos polo procurador García-Piccoli Atanes, coa dirección da letrada Sánchez Salgueiro, e doutra, como demandados, Recauchutados y Cubiertas Maypa, S.L., Hormigones La Sierra de Outes,

S.L., Camilo Gosende Carballal, María Teresa Ramos Vigo e os herdeiros descoñecidos e incertos de José Pájaro Castelao, non comparecidos e en situación procesual de rebeldía, sobre póliza de desconto bancario.

Decido: con estimación total da demanda executiva, debo dispor e ordeno que continue a execución adiante, ata facer total pagamento á parte demandante e pola parte demandada Recauchutados y Cubertas Maypa, S.L., Hormigones La Sierra de Outes, S.L., Camilo Gosende Carballal, María Teresa Ramos Vigo, e os herdeiros descoñecidos e incertos de José Pájaro Castelao, da cantidade de 986.621 pesetas reclamadas de principal máis cos xuros devengados pactados en canto ós demandados pola póliza de desconto, e cos xuros do artígo 58 da Lei cambiaria, para o resto dos demandados, e custas devengadas, que se lles imporán a tódolos demandados, e calquera que fora o importe dos dous últimos conceptos a determinar en execución desta resolución.

Así, por esta a miña sentencia, definitivamente xulgando nesta instancia, que por rebeldía do demandado se notificará na forma legalmente disposta se non se pide, dentro dos tres días seguintes a notificación persoal, pronúncioo, mándoo e asinoo».

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data.

E para que lles sirva de notificación ós demandados Recauchutados y Cubertas Maypa, S.L.e os herdeiros descoñecidos e incertos de José Pájaro Castelao, expido o presente edicto que asino e selo en Santiago de Compostela o nove de marzo de mil novecentos noventa e oito.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

2366