Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Luns, 13 de abril de 1998 Páx. 3.789

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CARBALLO

CÉDULA de citación (69/1998-M).

En virtude da resolución do xuíz de instrucción dictada neste día en xuízo de faltas 69/1998-M, sobre ameaza, cítase a Antonio Otero Lago, con domicilio en Carballo, para que compareza na sala de audiencia deste xulgado o día vinte de abril, ás once e dez horas, mandando convocar para o dito acto ó Ministerio Fiscal e citar as partes e testemuñas, facéndolles saber que poden ser asistidos por avogado, co fin de que comparezan no lugar, día e hora expresados, os primeiros coas probas de que intenten valerse e todos eles baixo apercibimento de que se deixasen de asistir, sen acreditar xusta causa, poderán ser multados, agás que residan fóra do termo municipal de Carballo, os que en tal suposto e de seren denunciados, poderán dirixir escrito ó xulgado, alegando o que estimen conveniente para a súa defensa e apoderar, na forma que establecen os artigos 281.3º da Lei orgánica do poder xudicial e 8 do Decreto do 21 de novembro de 1952, a persoa que presente no dito acto as probas de

descarga que tiveren.

En Carballo o dez de marzo de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

2528