Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Luns, 13 de abril de 1998 Páx. 3.789

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (286/1997).

No procedemento de referencia dictouse a resolución do teor literal seguinte:

«O precedente escrito únase os autos da súa razón, entregándolle copia a parte contraria. Como se pide, procédase a execución da sentencia dictada polos trámites da vía de constrinximento.

Efectúese, sen previo requirimento de pagamento, o embargo de bens do demandado Roberto Fernández Vilela en cantidade abonda para cubri-la suma de 81.107 ptas. de principal e outras 125.000 ptas. de xuros e custas, designándose para o embargo as

percepcións que en concepto de desemprego perciba do INEM.

E toda vez que o demandado se atopa en paradoiro descoñecido, procédase ó embargo mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia».

Contra esta resolución cabe recurso de reposición no prazo de tres días, que se interporá por escrito ante este xulgado.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Roberto Fernández Vilela, esténdese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela o dez de marzo de mil novecentos noventa e oito.

O/A secretario

Rubricado

2455