Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Luns, 13 de abril de 1998 Páx. 3.790

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO PENAL NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (77/1997-03).

Eu, Ramón Lojo Aller, maxistrado xuíz do Xulgado do Penal número un de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber que na executoria 77/1997 seguida por un delicto de usurpación contra Evaristo de la Fuente Recouso acordouse sacar a pública poxa por primeira, segunda e terceira vez y por termo de vinte días o ciclomotor propiedade do penado Evaristo de la Fuente Recouso; ciclomotor marca Mobilette, con bastidor número 916690, con matrícula municipal CI-0568, en bo estado de conservación e funcionamento, valorado pericialmente en corenta e cinco mil pesetas (45.000 ptas.).

Para o acto da poxa, sinálase o próximo día catro de maio de 1997, ás doce horas na sala da audiencia deste xulgado y os días dazaoito de maio de 1997, ás doce horas e vintenove de maio de 1997 para o suposto de que non houbese ofertantes, respectivamente na primeira e segunda poxa. Prevese ós licitadores:

1. Que servirá de tipo para a primeira poxa o prezo de taxación de corenta e cinco mil pesetas, (45.000 ptas.), as 2/3 partes deste para a segunda e a terceira, se é o caso, celebrarase sen suxeición a tipo.

2. O remate non poderá facerse en calidade de cederllo a un terceiro.

3. Para tomar parte na poxa, deberán consignar na mesa do xulgado o 20% do tipo polo que sae a poxa; e en tódalas poxas desde o anuncio ata a súa celebración, poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, acompañando resgardo de haber depositada a consignación no BBV, oficina principal de Santiago de Compostela, número de conta 66.000-4, clave 1585, concepto 78, executoria 99/94.

O vehículo e a documentación deste encóntranse en poder do seu propietario Evaristo de la Fuente Recouso, sito na rúa San Lorenzo, número 47 de Santiago de Compostela.

Dado en Santiago de Compostela o tres de marzo de mil novecentos noventa e oito.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA

2734