Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Luns, 13 de abril de 1998 Páx. 3.790

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 16 de marzo de 1998, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00224-I-97 e dous máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo subdirector xeral de Inspección de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario perante o director xeral de Transportes, dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros, sucurdal de Santiago de Compostela.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE 27-11-1992), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 16 de marzo de 1998.

Juan Girón Astray

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

DX-00224-I-97

PO-2180-Z

3326014268A7286

Almacenes Euromuelle, S.L.

Travesía de Vigo, 76

36206 Vigo (Pontevedra)

Realizar transporte privado complementario de mercadorías (somier) co vehículo matrícula PO-2180-Z, que está provisto de autorización da serie MPC-Provincial, carecendo dos distintivos relativos ó tipo de transporte que está autorizado para realizar.

10-4-1997; 19.36;

O.M. 25 de outubro

de 1990 (BOE 30)

Art. 143

Lei 16/1987

Art. 201

Real decreto

1211/1990

15.000
DX-00325-I-97

M-9895-SH

LE9OR0033305733

Riverluz, S.L.

Tomás Borras, 11

2811 Madrid

Realizar transporte privado complementario de mercadorías (lámpadas) co vehículo M-9895-SH provisto de autorización da seire MPC-Nacional, que presenta caducada a ITV desde o día 1-3-1997, incumprindo, por tanto, unha das condicións esenciais da autorización.

20-5-1997; 13; N-VI; 496,600

Art. 220.3º do

Real decreto

1211/1990

Art. 143

Lei 16/1987

Art. 201

Real decreto

1211/1990

50.000
DX-00387-I-97

LU-0803-M

LE9OR0033251838

Construcciones López y Vilaro, S.L.

Pol. Balmao, nave 1

27600 Betote (San Vicente),

Sarria (Lugo)

Realizar transporte privado complementario de mercadorías (material de obra) co vehículo matrícula LU-0803-M, que carece da preceptiva autorización administrativa e porta distintivos que se corresponden a unha autorización da serie MPC-N. Vehículo lixeiro.

9-7-1997; 12.55; N-VI; 489,800

O.M. 25 de outubro

de 1990 (BOE 30),

Art. 103 da

Lei 16/1987 e

Art. 157 do

Real decreto

1211/1990

Art. 143

Lei 16/1987

Art. 201

Real decreto

1211/1990

50.000

3097