Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 08 de abril de 1998 Páx. 3.631

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (22/1998-4).

En virtude do acordado polo xuíz de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, en providencia de data 26 de febreiro de 1998, dictada en expediente de dominio que se segue neste xulgado co número 22/1998-4 por instancia de María del Carmen Souto Negrete, María Josefa Souto Negrete e María del Rosario Souto Negrete, representadas pola procuradora María Pérez Otero, para facer constar no Rexistro da Propiedade a reanudación do tracto sucesivo interrompido en forma tal que a súa descrición sería a seguinte:

«Casa de planta baixa e un piso alto, sita na beira do camiño que das Fraguas vai a Belvís, pertencente á parroquia de Santa María de Sar, municipio de Santiago de Compostela. Ocupa a extensión superficial de sesenta e tres metros cadrados. Ten unha fronte de sete metros, por nove de fondo; ás súas costas ten unha porción de terreo, destinado en parte a patio e o resto a horta y servicios da casa que queda descrita, da extensión de trescentos quince metros cadrados. Casa, patio e horta citados constitúen un so predio urbano de trescentos setenta e oito metros cadrados. Linda: pola súa fronte, oeste, camiño citado que das Fraguas vai a Belvís; polas súas costas, leste, e pola súa dereita, entrando ó sur, con terreo da propiedade de José María Rozas López e pola súa esquerda, tamén entrando ó norte, con terreo labradío da propiedade de Domingo Vieiro Sarabia. Así aparece descrita no Rexistro da Propiedade número un de Santiago de Compostela, como se acredita coa certificación rexistral.

Polo presente edicto cítase a herdeiros de José María e Domingo Souto Suárez e Nieves Negrete Rey e a cantas persoas ignoradas poida afectar este expediente e prexudica-la inscrición que se solicita

co fin de que en termo de dez días, a partir da publicación deste edicto, poidan comparecer no referido expediente para alegar canto ó seu dereito conveña, en orde á pretensión formulada.

Conforme o disposto no artigo 201, regra terceira, da Lei hipotecaria, e en cumprimento do ordenado na dita resolución faise pública para os efectos oportunos.

Santiago de Compostela, vinteseis de febreiro de mil novecentos noventa e oito.

Rubricado

2303