Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 08 de abril de 1998 Páx. 3.630

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

CÉDULA de notificación 91 e 206/1996 acumulados.

María Luísa Montejo García, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira e o seu partido, dou fe de que neste xulgado se seguen autos de xuízo de menor contía nº 91/1996 e 206/1996 acumulados sobre nulidade radical por existencia de contrato e extremos, no que se dictou sentencia con encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

Sentencia.- En Negreira, o dezanove de xaneiro de mil novecentos noventa e oito.

Vistos por Manuel Ángel Cobas Otero, xuíz substituto do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira e o seu partido os presentes autos de xuízo de menor contía acumulados nº 91 e 206/1996, seguidos, o primeiro por instancia de Modesto Liñares Villar, maior de idade, veciño do lugar de Aguiar do concello de Brión, representado polo procurador Avelino Calviño Gómez coa dirección letrada de Mª Elena García del Río, contra Carmen María Vázquez

Pais, Juan José Liñares Vázquez, maiores de idade, veciños de Pedrouzos, concello de Brión, representados polo procurador José Belmonte Pose, defendidos polo letrado Pérez Ramos, contra José, Victoria e Gloria Vázquez e Beatriz Gerpe Vázquez, todos maiores de idade, veciños do municipio de Brión, con domicilio, os dous primeiros en Santa Minia, a terceira en Brión de Abaixo, cuarta en Rial e a quinta en Lamiño, representados pola procuradora Soledad Sánchez Silva coa asistencia letrada de Pedro Trepat, contra sucesores de José Vázquez Novo en situación procesual de rebeldía, Manuel Blanco Rial, maior de idade, veciño de Brión con domicilio no lugar de Aguiar, representado polo procurador Raniero Fernández Pérez, asumindo a súa defensa a letrada Mª Teresa Ferreiro Vila, María Dolores Fernández, maior de idade en situación procesual de rebeldía e seguidos, o 206/1996, por instancia de José, Felicidad, Victoria, Gloria Vázquez Pais e Beatriz Gerpe Vázquez, todos maiores de idade, dos

que xa figuran os datos de domicilio e postulación, contra Modesto Liñares Villar, maior de idade, sendo os seus datos de veciñanza, representación e defensa os ditos e Carmén Vázquez Pais, tamén maior de idade, figurando xa achegados os seus datos de representación e defensa.

Dictouse a presente resolución en nome de S.M. El-Rei.

Decido: que estimando parcialmente a demanda principal deducida polo procuraodr Avelino Calviño Gómez, actuando en quenda de oficio en nome e representación de Modesto Liñares Villar contra Carmen, Felicidad, Victoria, Beatriz Gerpe Vázquez, sucesores de José Vázquez Novo, en situación procesual de rebeldía, Juan José Liñares Vázquez, Manuel José Blanco Rial e María Dolores Sampedro Suárez, tamén en situación procesual de rebeldía, debo declarar e declaro a nulidade radical por simulación do documento privado de compravenda do 10 de novembro de 1988, celebrado entre Carmen, Gloria, Felicidad, Victoria e José Vázquez Pais, Beatriz Gerpe Vázquez e José Vázquez Novo, nulidade que tamén alcanza os tamén documentos privados do arrendamento do 10 de novembro de 1998, de cesión en precario do 1 de novembro de 1989 noutros tamén privados derivandos dos anteriores e que fosen concertados polas mesmas persoas, e Juan José Liñares Villar salvo o predio nº 811-A da concentración parcelaria de

San Félix de Brión, os bens descritos e contidos no mencionado documento privado de compravenda do 10 de novembro de 1988 deben volver ó estado anterior ó seu concerto, así mesmo debo absolver e absolvo a Manuel José Blanco Rial e Mª Dolores Sampedro Suárez de tódolos pedimentos contidos na demanda.

Por outra banda, desestimando a demanda presentada pola procuradora Soledad Sánchez Silva en nome e representación de José, Victoria, Gloria, Felicidad Vázquez Pais e Beatriz Gerpe Vázquez debo absolver e absolvo a Modesto Liñares Villar e a Car

men Vázquez Pais das pretensións nela contidas, e todo iso sen facer pronunciamento ningún na demanda principal sobre as custas e condenando expresamente na demanda acumulada os demandantes.

Esta resolución non é firme, e contra ela cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días perante este xulgado ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta sentencia, pronúncioa, mándoa e asínoa.

Seguen sinaturas.

E para que así conste e lles sirva de notificación ós sucesores de José Vázquez Novo, en paradoiro ignorado, e a tódalas persoas incertas ou descoñecidas que puidesen ter interese neste asunto, e para a súa publicación no BOP da Coruña, expido, selo e asino esta resolución en Negreira o vinteún de xaneiro de mil novecentos noventa e oito.

2287