Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 08 de abril de 1998 Páx. 3.629

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO de poxa (269/1997).

O xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número un de Arzúa, fai saber que neste xulgado do meu cargo, baixo o número 269/1997, se segue procedemento Or. suma Hipo. artigo 131 da Lei hipotecaria, por instancia de Banco Central Hispanoamericano, S.A., representado polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes contra José Antonio Lemos Lareo, con DNI/CIF 76501317-M domiciliado en Castrofeito (O Pino), Mª del Carmen Martínez Martínez, con DNI/CIF 33218869-S domiciliada en Castrofeito (O Pino) e Milagros Lareo Cagide, con DNI/CIF 33053155-Q, domiciliada en Castrofeito (O Pino), en reclamación de cantidade, e nos autos do cal se acordou sacar á venda en primeira e pública poxa, por termo de vinte días e prezo da súa valoración, o seguinte ben e que ó final do presente edicto se detallará:

Os bens saen a licitación nun só lote:

A poxa celebrarase o próximo día vinte de maio de 1998 ás once horas da súa mañá, na sala de audiencia deste xulgado, sito na Avda. de Lugo nº 42-45 Arzúa, baixo as seguintes condicións:

1º. O tipo do remate será o do valor dado ós bens, é dicir, trece millóns seiscentas cincuenta e sete mil duascentas cincuenta e oito pesetas (13.657.258 ptas.) sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2º. Para tomar parte na poxa deberán consignar previamente os licitadores polo menos o vinte por cento do tipo do remate no establecemento destinado para o efecto (Banco Bilbao Vizcaya, S.A., axencia urbana número 1.475, r/ Ramón Franco, Arzúa, conta de consignacións número 1510/000, a favor do expediente xuízo sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria.

3º. Soamente o executante poderá cederlle o remate a terceiro.

4º. Poderán facerse ofertas por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositándoo na mesa do xulgado e xunto

co prego, o resgardo acreditativo do ingreso do importe citado no punto nº 2.

5º. Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda, o próximo día quince de xuño de 1998, ás once horas, nas mesmas condicións cá primeira, excepto o tipo do remate que será o setenta e cinco por centa do da primeira, e caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día dous de xullo de 1998, tamén ás once horas, rexendo para esta as restantes condicións fixadas para a segunda.

E para que así conste e lle sirva de notificación ó público en xeral, e ós demandados en particular, expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Dado en Arzúa o vintecinco de febreiro de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado

Relación de bens obxecto de poxa.

Urbano: sito no lugar e parroquia de Castrofeito, municipio do Pino: casa nova de planta baixa de cento sesenta metros cadrados sita á dereita entrando desde o camiño do norte, cun terreo unido, formando un só circundo de vinteoito áreas, oitenta e oito centiáreas. Estrema: norte, corredoira; sur, Manuel Codesido; leste: parcela segregada da Sociedade Lareira 16, S.L.; oeste: eira de Pilar Iglesias, Leandro Lemos Castro e en parte, camiño e herdeiros de María Fandiño Martiño. Predio: 8.295, folio 89, tomo 472, libro 62, do municipio do Pino.

2166