Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 21 de marzo 1997 (BOE do 12 de abril) para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de organización de empresas, do departamento de Organización de Empresas e Marketing, a prol de Mª de las Mercedes Vila Alonso, con documento nacional de identidade número 36.062.400 e cumprindo a interesada os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Mª de las Mercedes Vila Alonso, profesora titular de universidade, da área de coñecemento de organización de empresas, do departamento de Organización de Empresas e Marketing.
Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunica
ción a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no BOE.
Vigo, 17 de marzo de 1998.
José Antonio Rodríguez Vázquez
Rector da Universidade de Vigo
1798