Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 08 de abril de 1998 Páx. 3.628

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 1998 pola que se nomea catedrática de universidade da área de coñecemento de parasitoloxía, do departamento de Bioloxía Funcional e Ciencia da Saúde, a Mª Cristina del Pilar Arias Fernández (praza 21/1997).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 7 de marzo 1997 (BOE do 28) para a provisión dunha praza de catedrática de universidade da área de coñecemento de parasitoloxía, do departamento de Bioloxía Funcional e Ciencia da Saúde, a prol de Mª Cristina del Pilar Arias Fernández, con documento nacional de identidade número 35.990.343, e cumprindo a interesada os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Mª Cristina del Pilar Arias Fernández, catedrática de universidade da área de coñecemento de parasitoloxía, do departamento de Bioloxía Funcional e Ciencia da Saúde.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no BOE.

Vigo, 17 de marzo de 1998.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

2613