Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 08 de abril de 1998 Páx. 3.631

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (75/1994).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, doy fe que no xuízo executivo que se segue neste xulgado co número 00075/1994, dictouse a sentencia, que ten como encabezamento e parte dispositiva o teor literal seguinte:

«Sentencia en Santiago de Compostela o 5 de marzo de 1998, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade dictou a presente resolución no procedemento civil do xuízo executivo seguido neste xulgado co número 00075/1994, no que actuaron como demandante o Banco Central Hispanoamerica, representado polo procurador dos tribunais Victorino Regueiro Muñoz e asistido polo letrado Francisco A. Rodríguez Gigirey Pérez, e como demandados José Luis Loureiro Villasenín, Isabel Rodríguez Bouzas e Vicente Moreira Sobrido, declarados rebeldes nas actuacións.

Decido que mando seguir adiante a execución despachada contra os bens do demandado José Luis Loureiro Villasenín, Isabel Rodríguez Bouzas e Vicente Moreira Sobrido solidariamente ata facer trance e remate dos bens embargados e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á entidade demandante da cantidade de 258.295 pesetas do principal e xuros moratorios pactados, custas e gastos, calculándose sen prexuízo da ulterior liquidación para xuros, custas e gastos a suma de 125.000 pesetas.

Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación perante a Audiencia Provincial neste xulgado no prazo de cinco días desde a notificación.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado e rubricado».

E para que conste e sirva de notificación ó demandado rebelde Vicente Moreira Sobrido, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o dez de marzo de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

2670