Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 08 de abril de 1998 Páx. 3.632

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO VINTECINCO DE MADRID

EDICTO (D-19/1998).

Eu, Mª Josefa González Huergo, secretaria do Xulgado do Social número vintecinco dos de Madrid e a súa pronvicia.

Fago saber: que por providencia dictada no día da data, no proceso seguido a instancia de Lucía García Olivares contra Servicios Integrados Raser, S.L., en reclamación por procedemento ordinario, rexistrado co nº D-19/1998, se acordou citar a Servicios Integrados Raser, S.L.en descoñecido paradeiro, co fin de que compareza o día 16-4-1998, as 9.10 horas da mañá, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, que terán lugar na sala de vistas deste Xulgado do Social número vintecinco, sito na r/ Hernani, 59, 5º, debendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e con tódolos medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

E para que sirva de citación a Servicios Integrados, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Madrid o trece de marzo de mil novecentos noventa e oito.

O secretario xeral

Rubricado

2741