Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 07 de abril de 1998 Páx. 3.605

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fan públicas as propostas de resolución nos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos 1259 e oito máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselle á persoa que se menciona a continuación as propostas de resolución nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación directa:

Nº expedienteData da denuncia

1259/9715/08/97

1260/9716/08/97

1261/9717/08/97

1262/9723/08/97

1263/9724/08/97

1324/9730/08/97

1325/9731/08/97

1326/9706/09/97

1327/9707/09/97

Denunciado: Benito Millán Crego.

DNI: 35.453.266

Establecemento: Café bar especial La Otra Casa.

Enderezo: avenida Xeneral Franco, 2 (Baiona).

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992.

Precepto sancionador: artigo 28 da Lei 1/1992.

Sanción proposta: 50.000 pesetas, en cada un dos expedientes (o que fai un total de 450.000 pesetas).

A competencia para impoñer esta clase de sancións correpóndelles ós delegados provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Dedreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución ós órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1º d) da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, (BOE nº 46 do 22 de febreiro).

Fronte a estas propostas de resolución poderá o interesado, nun prazo de 5 días, contado desde o día seguinte á súa publicación, alega-lo que no seu dereito conveña, de conformidade co disposto no artigo 24.3º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9 de agosto), así como examina-los expedientes na sección de espectáculos públicos, r/ Gagos de Mendoza, 2 de Pontevedra.

Vigo, 27 de marzo de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

2649