Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 07 de abril de 1998 Páx. 3.605

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Ganaderos San Antonio Sociedad.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1997, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) desta delegación provincial, foron depositados ás 14 horas do día 6 de marzo de 1998 a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Ganaderos San Antonio Sociedad, que teñen os seguintes ámbitos:

Territorial: comarcal.

Profesional: agricultores e gandeiros.

Asinan a acta de constitución: Raúl Romero Álvarez e seis persoas máis.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

A Coruña, 6 de marzo de 1998.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

3023