Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 07 de abril de 1998 Páx. 3.605

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Armadores de Artes Varias y Mariscadores de la Ría de Muros y Noia (Arvama).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1997, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) desta delegación provincial, foron depositados ás 11 horas do día 6 de marzo de 1998 a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Armadores de Artes Varias y Mariscadores de la Ría de Muros y Noia (Arvama), que teñen os seguintes ámbitos:

Territorial: provincial.

Profesional: todas aquelas persoas físicas que, estando no seu pleno exercicio da súa capacidade xurídica e de obrar, cumpran co requisito indispensable de ser armador, mariñeiro ou mariscador e acepten as condicións fixadas nos presente estatutos.

Asinan a acta de constitución: Jesús María Siaba Fernández e oito persoas máis.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

A Coruña, 6 de marzo de 1998.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

2580