Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 07 de abril de 1998 Páx. 3.606

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación dun vixilante de seguridade no Centro Educativo de Menores Montealegre (Ourense).

A delegación provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Ourense.

c) Número de expediente: 17/98.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: contratación dun vixilante de seguridade.

b) División por lotes e número:.

c) Lugar de execución: Centro Educativo de Menores Montealegre.

d) Prazo de execución: desde as 00.00 horas do 1-6-1998 ata as 24 horas do 31-12-1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 3.286.106 ptas.

5. Garantías:

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: delegación provincial.

b) Domicilio: Camiño Prado Lonia, s/n.

c) Localidade: Ourense, 32004.

d) Teléfono (988) 38 60 96.

e) Telefax: (988) 38 60 87.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación das proposicións, tódolos días laborables, agás sábados, de 9 a 14 horas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo 3, subgrupo 2, categoría A.

b) Outros requisitos:.

8.- Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 26 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares e no prego de prescicións técnicas.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta:.

e) Admisión de variantes: -.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: delegación provincial.

b) Domicilio: Camiño Prado Lonia, s/n.

c) Localidade: Ourense.

d) Data: o cuarto día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar no día hábil seguinte.

e) Hora: 11 horas.

10. Outras informacións:.

11. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Ourense, 23 de marzo de 1998.

P.D. (Orde 19-1-1998)

Isidro José Cabero Juárez

Delegado provincial de Ourense

3020