Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 07 de abril de 1998 Páx. 3.607

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 1998 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto con trámite de urxencia, das obras que se citan. (Clave OH.215.412 e tres máis).

A) Obra.

1. E.T.A.P. e depósito en Porto do Son. (A Coruña).

Clave: OH.215.412.

Orzamento: noventa e oito millóns cincocentas seis mil noventa e seis pesetas (98.506.096).

Prazo de execución: 20 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c. Grupo K, subgrupo 8, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

2. Canalización e saneamento do río Albarellos en Vilaza (Monterrei-Ourense).

Clave: OH.432.327.

Orzamento: cincuenta e oito millóns cento dezanove mil trescentas dezaoito pesetas (58.119.318).

Prazo de execución: 16 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 5, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

3. Rede de sumidoiros e abastecemento de auga en Bamio (Vilagarcía de Arousa-Pontevedra).

Clave: OH.536.380.

Orzamento: douscentos vintecinco millóns seiscentas catorce mil novecentas dúas pesetas (225.614.902).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

4. Abastecemento de auga á parroquia de Chenlo (O Porriño-Pontevedra).

Clave: OH.236.381.

Orzamento: cento oito millóns oitocentas noventa e catro mil duascentas cincuenta e seis pesetas (108.894.256).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

(Declaradas urxentes conforme o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia -Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada na alínea A) anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo 2 do artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (modificado polo Art. 77 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, BOE do 31 de decembro), e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do día vintesete (27) de abril de 1998.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas da Con

sellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás dez horas do día sete (7) de maio de 1998.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 1998.

Emilio García Gallego

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia

3021