Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 07 de abril de 1998 Páx. 3.608

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 1998 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso de proxecto e construcción, polo procedemento aberto con trámite de urxencia, das obras que se citan. (Clave OH.327.279 e dúas máis).

A) Obra.

1. Renovación da EDAR e colectores e ampliación do saneamento na Pontenova (Lugo).

Clave: OH.327.279.

Orzamento: cento noventa e un millóns de pesetas (191.000.000).

Prazo de execución: 42 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c. Grupo K, subgrupo 8, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

2. Colectores e EDAR en Castro-Caldelas (Ourense).

Clave: OH.332.331.

Orzamento: cento dez millóns de pesetas (110.000.000).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c. Grupo K, subgrupo 8, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

3. Saneamento de Aldán e O Hío (Cangas-Pontevedra).

Clave: OH.336.385.

Orzamento: douscentos oitenta e tres millóns seiscentas setenta e dúas mil duascentas de pesetas (283.672.200).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría e.

Fianza provisional: non se esixe.

(Declaradas urxentes conforme o establecido no Art. 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de intesese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os pregos de bases, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia -Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada na alínea A) anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo 2 do Art. 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (modificado polo Art. 77 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, BOE do 31 de decembro), e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do día oito (8) de maio de 1998.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás dez horas do día dezaoito (18) de maio de 1998.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 1998.

Emilio García Gallego

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia

3033