Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 07 de abril de 1998 Páx. 3.609

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 1998 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto con trámite de urxencia, das asistencias técnicas que se citan. (Claves OH.036.384/A.T. e OH.927.278/A.T.).

A)Asistencia técnica.

1. Asistencia técnica para o estudio de viabilidade e anteproxecto do colector xeral do río Miño, marxe dereita, treito: Crecente-A Guarda (Pontevedra).

Clave: OH.036.384/A.T.

Orzamento: vintecinco millóns de pesetas (25.000.000).

Prazo de execución: 24 meses.

Requisitos específicos do contratista: os licitadores deberán presentar para efectos de acredita-la súa solvencia económica e financeira os documentos citados no artigo 16 da Lei 13/1995 letras a) e c), e a súa solvencia técnica e profesional, mediante os documentos citados no artigo 19, letras a), b), c), d), e) e f) da mesma lei.

2. Asistencia técnica para a redacción do proxecto das solucións ó problema dos asolagamentos da Terra Chá-fases: I e II (Comarca da Terra Chá-Lugo).

Clave: OH.927.278/A.T.

Orzamento: trinta e cinco millóns duascentas mil duascentas pesetas (35.200.200).

Prazo de execución: 16 meses.

Requisitos específicos do contratista: os licitadores deberán presentar para efectos de acredita-la súa solvencia económica e financeira os documentos citados no artigo 16 da Lei 13/1995 letras a) e c), e a súa solvencia técnica e profesional, mediante os documentos citados no artigo 19, letras a), b), c), d), e) e f) da mesma lei.

(Declaradas urxentes conforme o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os pregos de prescricións técnicas, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia, Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita fianza poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do día vintesete (27) de abril de 1998.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás dez horas do día sete (7) de maio de 1998.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 1998.

Emilio García Gallego

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia

3014