Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 07 de abril de 1998 Páx. 3.595

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 13 de marzo de 1998, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que o delegado territorial lles notifica o resultado da taxación pericial contradictoria á persoa que se cita (Antonio González González).

Pola presente cédula e de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, polo que se regula o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas cos datos e último enderezo coñecido que se indican, o resultado da taxación pericial contradictoria (TPC) por elas iniciado ó abeiro do establecido no artigo 52 da Lei xeral tributaria (na súa redacción vixente dada pola Lei 25/1995, do 20 de xullo) e artigo 121 do Real decreto 828/1995, do 29 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre o imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (TPAXD).

De acordo co dito resultado e tendo en conta que a taxación realizada polo perito terceiro e presentada nesta delegación territorial, praza de América, bloque 1-portal oficinas 2ª planta, Vigo, excede en máis dun 20% o valor declarado, é polo que lle corresponde ó contribuínte paga-los custos da pericia, con cargo ó depósito constituído (artigo 121.8º do Real decreto 828/1995 citado).

Así mesmo, significámoslle que a dita valoración é definitiva e constitúe a base da liquidación que se practique (agás no suposto de que sexa igual ou superior ó valor xa comprobado pola Administración, no dito caso procederá este).

Vigo, 13 de marzo de 1998.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

ANEXO

Contribuínte: Maderas Noroeste de España, S.L., representante: Antonio González González.

Enderezo: rúa Rosal, 1-7, Vigo.

Número expediente/número TPC: expediente 4742/1988. TPC 27/1996.

Valor perito 3º: 56.922.418.

2449