Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 07 de abril de 1998 Páx. 3.595

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 1998, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre A Coruña e Carballo, con anexos: V-7045; XG-419, por substitución e unificación das concesións: V-1602; XG-102, entre Caión e A Coruña, con anexos, e V-2426; XG-231, entre Baldaio e Carballo, con anexos.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por Orde do 30 de xaneiro de 1998, resolveu outorgar, con carácter definitivo, á empresa RUTA BUS, S.A., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre A Coruña e Carballo, con anexos: V-7045; XG-419, por substitución e unificación das concesións: V-1602; XG-102, entre Caión e A Coruña, con anexos, e V-2426; XG-231, entre Baldaio e Carballo, con anexos, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

I. Itinerarios e puntos de parada.

* A Coruña, A Pastoriza, Arteixo, Barrañán, Sorrizo, Caión, Xuxán, Leira, Castro de Rebordelos, Rapadoira, Noicela, A Guerla, O Castelo, San Miguel de Vilela, Pedreira, Campos, Rega e Carballo.

* Barrañán, Seara e Pertegaza.

* Castro de Rebordelos, Eimende, Pedra do Sal e Rebordelos.

* Noicela, Casadela, O Campo, Sambade e San Miguel de Vilela.

* O Campo, Rebordelos, Baldaio e Sambade.

* Sambade, Lema, Chamusqueira, A Fraga e Vesía.

* Noicela, Lendo e Torás.

II. Prohibicións de tráfico.

* No percorrido pola C-552.

* De Pertegaza para o tramo cruce anterior e próximo a Arteixo-A Coruña e viceversa.

* De e entre Carballo e Rega puntos intermedios e viceversa.

* Do tramo A Coruña-Arteixo para o tramo Carballo-Rega e viceversa.

III. Expedicións e calendario.

Lema-A Coruña por Sambade, Vilela, Noicela, Rebordelos, Pedra do Sal e Caión (37 km).

* Unha expedición de ida e volta os días laborables.

Lema-A Coruña por Sambade, Vilela, Noicela e Castro de Rebordelos (33,9 km).

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

A Coruña-Carballo por Noicela e Vilela (39,5 km).

* Dúas expedicións de ida e volta os días laborables.

A Coruña-Pedra do Sal-Caión por Noicela, Vilela, Lema e Rebordelos (44,4 km).

* Unha expedición de ida os días laborables.

Caión-Carballo por Castro de Rebordelos, Pedra do Sal, Lema e Vilela (20,9 km).

* Unha expedición de ida os días laborables.

A Coruña-A Coruña por Noicela, Vilela, Lema, Rebordelos e Pedra do Sal (67,4 km).

* Unha expedición de luns a venres laborables.

A Coruña-Caión (23 km).

* Tres expedicións de ida os días laborables.

A Coruña-Pertegaza (17,8 km).

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Lema-Carballo por Sambade, Rebordelos, Noicela e Vilela (15,1 km).

* Unha expedición de ida os días laborables.

Caión-Carballo (Castro de Rebordelos, Pedra do Sal en lanzadeira) (19,1 km).

* Unha expedición de ida os días laborables.

Carballo-Lema por Vilela e Sambade (10,4 km).

* Unha expedición de ida e dúas de volta os días laborables.

Carballo-Carballo por Vilela, Noicela, Rebordelos, Pedra do Sal, Castro de Rebordelos, Noicela e Vilela (28,1 km).

* Unha expedición os días laborables.

Carballo-Carballo por Vesía, A Fraga, Lema, Sambade, Rebordelos, Pedra do Sal, Castro de Rebordelos, Noicela e Vilela (27,5 km).

* Unha expedición de ida e volta os días laborables.

Carballo-Vilela-Noicela-Vilela (13 km).

* Unha expedición de ida os días laborables.

Carballo-Lema por Vilela, Sambade e Rebordelos (14 km).

* Unha expedición de ida os días laborables.

Caión-Carballo por Noicela e Vilela (16,5 km).

* Unha expedición de ida e volta os días laborables.

Carballo-Sambade por Vilela (9,2 km).

* Unha expedición de ida e volta os días lectivos.

Carballo-Lema por Vilela, Noicela, Castro de Rebordelos e Pedra do Sal (19 km).

* Unha expedición de ida os días lectivos.

A Coruña-Praia de Barrañán (15 km).

* Unha expedición de ida e volta os días laborables do 15 de xuño ó 15 de setembro.

A Coruña-Baldaio por Castro de Rebordelos e Pedra do Sal (31 km).

* Unha expedición de ida e volta os domingos e festivos do 15 de xuño ó 15 de setembro.

A Coruña-Caión (23 km).

* Dúas expedicións de ida e unha de volta os domingos e festivos do 15 de xuño ó 15 de setembro.

Carballo-Praia de Baldaio por Vilela (10,5 km).

* Tres expedicións de ida e volta diarias do 15 de xuño ó 15 de setembro.

Caión-Toras por Noicela (11 km).

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

IV. Tarifas.

Tarifa aplicable:

* Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 10,2351 pesetas.

* Tarifa usuario: 10,9516 pesetas.

* Exceso de equipaxes e encargos: 1,5353 pesetas.

Contra a citada orde, definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante la Sala do Contencioso-Administrativo del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de marzo 1998.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

2632