Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 07 de abril de 1998 Páx. 3.596

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 1998 pola que se anuncia a licitación de adquisición de dous equipos completos de pesaxe con básculas electrónicas de roda, polo procedemento aberto de concurso e tramitación anticipada.

1. Entidade adxudicataria:

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Transportes.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: adquisición de dous equipos completos de pesaxe con básculas electrónicas de roda.

b) Prazo de entrega: 20 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso. Tramitación anticipada.

4. Orzamento base de licitación:

Importe máximo autorizado: 9.999.200 ptas.

5. Garantías:

Provisional: dispensada en virtude do artigo 36.2º da Lei 13/1995.

6. Obtención de documentación e información:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares que rixen a contratación, e o prego de prescricións técnicas, poderán recollerse en:

a) Entidade: nas delegacións provinciais da CPTOPV. Na dirección Xeral de Transportes.

b) Enderezo: Praza de Europa, 5-A (2º andar).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

d) Teléfono: (981) 54 45 94.

e) Telefax: (981) 54 43 51.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

Os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Prazo: o prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse polo correo dentro do prazo de admisión sinalado coinforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

d) Domicilio: San Caetano, s/n.

e) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15071.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Dirección Xeral de Transportes.

b) Domicilio: praza de Europa, 5-A (2º andar).

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte á data de terminación do prazo de presentación das proposicións.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que se xunta no anexo do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 1998.

P.D. (Orde 25-10-1983, DOG 14/12)

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

2980