Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 07 de abril de 1998 Páx. 3.594

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 1998 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación anticipada do expediente de gasto, da subministración para a renovación da plataforma corporativa, hardware e software de base da Xunta de Galicia.

1. Entidade adxudicadora: Consellería da Presidencia e Administración Pública, Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos, edificio administrativo de San Caetano, Casa da Radio, teléfono 54 52 58; fax 54 52 74, 15771 Santiago de Compostela.

2. Modalidade de adxudicación: concurso polo procedemento aberto e tramitación anticipada do expediente de gasto.

3. a) Lugar de entrega dos bens obxecto da subministración: ver punto 4 do prego de prescricións técnicas.

b) Natureza e cantidade dos productos que deban subministrarse: subministración de material informático hardware, software e servicios dos tipos e as cantidades establecidas nos puntos 2 e 3 do prego de prescricións técnicas.

Nº referencia CCP: 45230.

Referencia: 8471.91

Orzamento total: douscentos vintenove millóns de pesetas (229.000.000 de ptas.), IVE engadido.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes ou polo conxunto

das subministracións requiridas: pola totalidade.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: ver punto 5 do prego de prescricións técnicas.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: Consellería da Presidencia e Administración Pública, Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos, Subdirección Xeral de Planificación e Coordinación Informática, edificio administrativo de San Caetano, Casa da Radio, teléfono 54 52 58; fax 54 52 74, 15771 Santiago de Compostela.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: trinta de abril de 1998.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: oito de maio de 1998.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública (Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos). Edificio administrativo San Caetano, 15771 Santiago de Compostela.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas para asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: 19 de maio de 1998 na sala de xuntas B da Consellería da Presidencia e Administración Pública en San Caetano, a partir das 12 horas.

8. Garantías esixidas: consistirá no 2% do orzamento de licitación (ver apartado 6 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe para o presente concurso).

9. Modalidades esenciais do financiamento e pagamento ou referencias ós textos que as regulan: o pagamento efectuarase logo de presentación da correspondente factura e unha vez prestada conformidade polo servicio que promove a contratación.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: unión temporal de empresas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver anexos I e II do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data da apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver apartado 9 do prego de prescricións técnicas.

14. Admisión de variantes: ver prego de prescricións técnicas.

15. Información complementaria: no enderezo e servicio indicados no punto 5.

16. Data de publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa:

17. Data de envío do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 18 de marzo de 1998.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas:

19. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución nos boletins oficiais, será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 1998.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública

2622