Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 07 de abril de 1998 Páx. 3.593

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (98/1995).

Ángel Pantín Reigada, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado do meu cargo, baixo o número 98/1995, se seguen autos de executivo outros títulos, por instancia do procurador Manuel Castro del Río, en representación de Banco de Asturias, S.A. contra Sociedade Mercantil Tohiga, S.L. Brígida Esther Basadre Rivas e Carlos Fernando Millares Álvarez, en reclamación de cantidade, e nas súas actuacións se acordou sacar á venda, en primeira e pública poxa, polo termo de vinte días e prezo de valoración pericial, o seguinte predio embargado ós demandados:

-Urbano, piso 1º J da primeira planta alta do edificio Pico Sacro IV na Avda de Rosalía de Castro 113, en Vilagarcía de Arousa, de 60 m, cunha terraza de 3 m2 e como anexo un rocho na planta baixa cuberta, sinalado co nº 39. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Vilagarcía de Arousa no libro 150, folio 213 vto, predio 14.704.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena nº 2, 2º, polígono das Fontiñas o vindeiro día 6 de maio, ás once horas, consonte as seguintes condicións:

1. O tipo do remate será de 7.000.000 de pesetas, sen se admitiren ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2. Para poderen tomar parte na licitación, os licitadores deberán consignar previamente na conta de consignacións deste xulgado no BBV, nº conta 1592/17-98-95, o vinte por cento do tipo do remate.

3. Poderán facerse ofertas por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na mesa do xulgado, xunto con aquel, o vinte por cento do tipo do remate.

4. Só o acredor poderá face-lo remate en calidade de cederllo a un terceiro.

5. Reservaranse en depósito, por instancia do acredor, as consignacións dos ofertantes que non resultasen rematantes e que o admitan e cubrisen o tipo da poxa, para efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a obriga, poida aprobarse o remate a prol dos que lle sigan pola orde das súas respectivas ofertas.

6. Os títulos de propiedade, suplidos por certificación do rexistro atópanse de manifesto na secretaría do xulgado, e os licitadores deberán conformarse con eles, sen poderen esixir outros.

7. As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, quedarán

subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade destes, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o vindeiro 3 de xuño, ás once horas, nas mesmas condicións cá primeira, agás o tipo de remate, que será do setenta e cinco por cento do da primeira; e, no caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 30 de xuño, tamén ás once horas, e rexerán para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

Dado en Santiago de Compostela o tres de marzo de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado

2717