Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 07 de abril de 1998 Páx. 3.593

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 1998 pola que se modifica a composición do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas para ingreso na escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos (sección bibliotecas e sección de arquivos).

En relación coa convocatoria de probas selectivas para cubrir 5 prazas da sección de bibliotecas e 3 prazas de sección de arquivos, convocadas por Resolución do 13 de novembro de 1997 (DOG do 15 de decembro).

O rector, en uso das competencias que lle están atribuídas polo artigo 18 da Lei 11/1983, de reforma universitaria, en relación co seu artigo 3 e), así como nos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, resolveu:

Modifica-la composición do tribunal que figura na convocatoria, ó estar incursa nas causas de abstención previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común Mª del Mar García Miraz. Para substituíla noméase vocal suplente a Carmen Prieto Ramos, grupo B da Xunta de Galicia (xefa da Sección de Arquivos da Consellería de Cultura), en representación da xunta de PAS funcionario.

Contra a presente resolución, que lle pon fin á vía administrativa, poderá formularse, logo da notificación a este rectorado, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, perante a sala competente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 1998.

Darío Villanueva Prieto.

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

2202