Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 07 de abril de 1998 Páx. 3.576

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 17 de marzo de 1998 pola que se establecen as contías das indemnizacións por sacrificio obrigatorio de gando nos programas de erradicación de enfermidades animais para 1998.

O feito de que os animais reaccionasen positivamente ás probas diagnósticas establecidas nos programas de erradicación de tuberculose, brucelose, leucose e peripneumonía contaxiosa no gando vacún e brucelose no gando ovino e cabrún para os que se estableceu o sacrificio obrigatorio pola imposibilidade de establecer un tratamento terapéutico, implica que os gandeiros, de acordo co establecido no artigo 154 do Regulamento de epizootias do 4 de febreiro de 1955 e demais lexislación concordante, poderán recibir unha indemnización de acor

do co baremo oficialmente aprobado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.I.3, en relación co artigo 33.1º do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/88, do 20 de outubro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPONGO:

Artigo 1º

A contía das indemnizacións por sacrificio obrigatorio de animais que reaccionaron ás probas diagnósticas de tuberculose, brucelose, leucose e peripneumonía contaxiosa no gando vacún e brucelose no gando ovino e cabrún, así como daqueloutros animais que, por conviviren cos animais enfermos sexan considerados sospeitosos polos veterinarios actuantes, durante as campañas de saneamento de 1998, serán as que correspondan en cada momento segundo o baremo oficialmente aprobado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

Artigo 2º

Para poder ter dereito á indemnización por sacrificio é imprescindible o cumprimento estricto da normativa en vigor sobre epizootias e programas de erradicación de enfermidades animais.

Artigo 3º

As indemnizacións establecidas na presente orde, así como as correspondentes ós animais sacrificados que non puideron ser tidos en conta por presenta-lo certificado de sacrificio con posterioridade ó peche do exercicio orzamentario anterior, aboaranse con cargo ó programa 613-A, concepto 770.0 Programas Sanitarios Especiais do proxecto de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 1998, dotado con douscentos cincuenta e cinco millóns duascentas cincuenta mil pesetas.

A concesión das indemnizacióna estará condicionada á aprobación definitiva dos citados orzamentos, de conformidade coa Orde do 11 de febreiro de 1998, da Consellería de Economía e Facenda, de tramitación anticipada de expedientes de gasto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Producción Agropecuaria para dicta-las disposicións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.

Segunda.- A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 1998.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria

2710