Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 07 de abril de 1998 Páx. 3.575

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 11 de marzo de 1998 pola que se autoriza definitivamente a apertura e funcionamento do centro privado Seminario Apostólico Mercedario, de Verín (Ourense).

Examinado o expediente instruído por instancia do titular do centro, solicitando autorización definitiva para a apertura e funcionamento do centro privado Seminario Apostólico Mercedario de Verín (Ourense).

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que o informa favorablemente.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que desenvolve o antedito decreto e a Orde do 28 de febreiro de 1994 (BOE do 5 de marzo), sobre autorizacións como

centros docentes privados dos Seminarios Menores Diocesanos e de Relixiosos da Igrexa Católica.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la apertura e funcionamento do centro de educación secundaria e, como consecuencia disto, establece-la configuración definitiva do centro existente no mesmo edificio ou recinto escolar, segundo se especifica no anexo.

Segundo.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Ourense.

Concello: Verín.

Localidade: Verín.

Enderezo: praza de Mercé.

Código do centro: 32013545.

Denominación específica: Seminario Apostólico Mercedario.

Titular: Padres Mercedarios.-Composición resultante:

a) Centro de educación secundaria: 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.

2709