Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 07 de abril de 1998 Páx. 3.575

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 5 de marzo de 1998 pola que se autoriza o cambio de denominación do Colexio de Educación Infantil Primaria de Asados-Rianxo (A Coruña).

Tendo en conta o artigo 8 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil, colexios de educación primaria e colexios de educación infantil e primaria (Diario Oficial de Galicia do 21 de outubro de 1996), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería,

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación do centro que no anexo se relaciona.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO:

Provincia: A Coruña.

Concello: Rianxo.

Localidade: Asados

Código do centro: 15027401.

Denominación: colexio de educación infantil e primaria de Asados.

Nova denominación: colexio de educación infantil e primaria Ana María Diéguez.

2633